Momo: Saber que quedo dá confianza e tranquilidade
Momo disputou o noventa minutos onte ante o Nacional. O
centrocampista zurdo respondeu esta mañá ás preguntas dos xornalistas na
sala de prensa de 'O Mundo do Fútbol'.
-Como se atopou onte o noventa minutos?
-Pois a verdade é que moi ben,
-Xógase doutra maneira sabendo que o seu futuro inmediato está
asegurado no Deportivo?
-É importante porque se gaña en confianza e tranquilidade. Non se pensa
outras cousas.
-Que lle pareceu o Nacional?
-Noteinos un pouco cansos. Creo que viñan de facer unha xira. Pero son
bos tecnicamente e sabiamos que ían ter moito tempo o balón.
-Parece que agora no Dépor non hai titulares nin suplentes. Todo o
mundo dá o nivel.
-O certo é que si. Os que non estamos a xogar tanto tratamos de ponerselo
difícil ao míster.
-O seguinte paso será facerse cun posto de titular.
-O mellor é ir aos poucos. O que me importa agora é ter minutos e
entrar cada vez máis nos plans do míster.