RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Mosquera advirte que o Athletic ten ''jugadorazos en todas as súas liñas''

  Pedro Mosquera compareció esta mañana en rolda de prensa ante os medios de comunicación. Asegura que nestas dúas semanas sen fútbol en LaLiga Santander debido ao parón de seleccións nacionais, "o equi

Sobre o cero puntos cos que o Athletic Club chegará a Riazor este domingo 11 de setembro ás 20.30 horas (Bein Sports), lembra que "xa xogou contra o Barcelona que é un partido no que a priori non se suma. A pesar de que non levan puntos eu creo que xa sabemos todos o rival que é, un rival moi forte. É un moi bo equipo e ímolo a ter moi complicado".

Do conxunto vasco opina Mosquera que ten "jugadorazos en todas as liñas: Aduriz, Beñat, Williams, Laporte, Raúl García. Ten moitísimos xogadores moi competitivos e xente do banco que tamén pode achegar".
 
Subliña que no Dépor a pesar da saída de Lucas, "veu Andone, Joselu, tamén xente que pode achegar desde segunda liña. Temos xente aí que pode facer gol. Aínda non chegaron os goles, pero van dous partidos e seguro que van marcar moitos goles esta tempada".
 
Mosquera sostén que "gañar en casa ou puntuar en casa sempre é bo. Nós cando xogamos en casa sempre imos saír con esa idea, de conseguir o tres puntos. Levamos catro puntos de seis, que eu creo que é unha cifra bastante boa. O outro día non conseguimos gañar ante o Betis pero empatar fóra de casa di moito do equipo. Portaría a cero, estivemos moi serios".