RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Nesta liña os resultados van chegar", asegura Pedro Mosquera

Pedro Mosquera foi o protagonista esta mañá na sala de prensa de Abegondo.

O centrocampista coruñés cre que o partido de onte ante o Espanyol "foi positivo para todos, para a afección, para nós. Unha pena que non conseguísemos os 3 puntos. Nesta liña os resultados van chegar, teñen que chegar".

Admitiu que os puntos teñen que chegar de 3 en 3 porque "cada vez van quedando menos xornadas e seguimos aí abaixo. O bo é que agora veñen varios partidos seguidos. Creo que no momento que estamos agora, xogando como xogamos onte, podemos gañar a calquera, non só a rivais directos ou que estean parellos connosco na táboa".

Nesta liña, lembra que "xa o fixemos noutras ocasións, noutros anos, fixemos bos partidos contra equipos de máis nivel que nós. Non hai que descartar ningunha xornada. Quedan 13, 14 xornadas. Temos que tentar sumar cuantos máis puntos mellor".

De Clarence Seedorf, apuntou que "é un gran profesional, ten a todo o mundo enchufado. É positiva a súa chegada". "É moi perfeccionista. Todas as cousas que fai, tanto no campo como fose teno moi estudado. Non deixa nada ao azar. Supoño que ese perfeccionismo teríao tamén como xogador. Por iso chegou onde chegou. Estamos a desexar que cheguen os resultados porque llo merece, con todo o que está a traballar", subliña.

A nivel persoal, confesou Mosquera atoparse "moi ben onte. Facía tempo que non me atopaba tan ben na miña posición, por diante da defensa. Teño que seguir nesta liña e mellorala".

Aproveitou un dos capitáns branquiazuis para transmitir á afección "de parte de todo o cadro o agradecemento enorme non só polo día de onte senón por toda a temporada. É un exemplo. Nós ímolo a dar todo para que este equipo quede en Primeira porque o merece".