RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Nota do Real Club Deportivo da Coruña referente á final da Copa da Coruña

Ante as informacións publicadas estes días polo diario coruñés La Voz de Galicia referente á final da Copa da Coruña en Riazor, o Real Club Deportivo quere expresar o seguinte:

1. Este Real Club non ten absolutamente nada que ver coa organización do partido final da Copa da Coruña.

2. En ningún momento, o Real Club Deportivo facturou gasto algún de iluminación eléctrica, auga... derivado do que supón un partido de fútbol no Estadio de Riazor.

3. Causa estupefacción no Real Club Deportivo as declaracións de hoxe no citado rotativo coruñés do Departamento de Prensa do Concello da Coruña porque unicamente no apartado Segundo do Convenio de utilización do Estadio de Riazor dise o seguinte: "O Excmo. Concello da Coruña resérvase o dereito de utilización do Estadio Municipal de Riazor, para a celebración de calquera acto deportivo, ou extraordinario, de carácter local, autonómico, nacional ou internacional, sempre que dita utilización sexa compatible cos compromisos derivados de competicións oficiais nas que interveña o Real Club Deportivo da Coruña, S.A.D., debendo comunicar devanditos actos coa antelación suficiente para coñecemento do club".

4. La Voz de Galicia, na súa información de hoxe venres, asegura que existe un convenio entre o Real Club Deportivo e a Federación Galega para a organización da final da Copa da Coruña. É ROTUNDAMENTE FALSO a existencia do devandito convenio.