RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

O Dépor Genuine finaliza LaLiga Genuine 2024-25 este domingo 1 de xuño en Lezama ante a UD Almería

O Dépor Genuine está en Bilbao con motivo da gran final de LaLiga Genuine. O Athletic Club é o encargado de recibir a toda a gran familia Genuine na súa Cidade Deportiva de Lezama, onde se disputan os últimos e máis emocionantes encontros da edición. 

Valencia CF, FC Cartagena e UD Almería enfróntanse aos deportivistas.

Os Nosos tiveron este sábado 31 de maio un día atarefado con dous partidos, ante os valencianistas (1-3) e cartageneros (0-2).

Este domingo 1 de xuño ás 9:30 o Dépor Genuine conclúe LaLiga Genuine 2024-25 cun último partido ante a UD Almería.

LaLiga Genuine 2024-25 é unha competición de fútbol desenvolvida por LaLiga, a través da súa Fundación, e pioneira en promover a integración de persoas con discapacidade intelectual na sociedade a través do fútbol. 

Fomenta a igualdade, a tolerancia e o respecto mediante a forza do fútbol, pero tamén mediante programas de inclusión sociolaboral e de apoio á formación dos seus integrantes.

Intégrana 47 equipos procedentes de toda a xeografía española, con algo máis de 1.200 xogadores e xogadoras; e asentada como un referente no deporte inclusivo e unha celebración da diversidade.

Os equipos quedaron divididos en 2 grupos baixo os nomes de Compañeirismo e Respecto, dos que sairán dous campións deportivos e dous de fair play cando finalice o calendario, dividido en 4 fases en 6 sedes.

O calendario dos deportivistas en Lezama esta fin de semana, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Sábado 31 de maio
DÉPOR GENUINE 1 - VALENCIA CF 3
DÉPOR GENUINE 0 - FC CARTAGENA 2

Domingo 1 de xuño
9:30: DÉPOR GENUINE - UD ALMERÍA

Anteriormente LaLiga Genuine pasou por Tarragona, co Nàstic como club anfitrión, o pasado mes de novembro de 2024; por Abegondo e Paterna, dividida a comunidade Genuine en 2 grupos, na segunda fase disputada en marzo; e por Burgos, na Cidade Deportiva do Burgos CF.