RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Notable inicio de liga para o Infantil A no subgrupo B norte

O Infantil A asinou un notable inicio da Liga Galega, subgrupo B norte, ao vencer con claridade (0-6) na Coruña ao Atlético Coruña Montañeros CF.

Murilo -2-, José Rey -2-, Dani e Brian foron os autores dos goles do conxunto deportivista.

Infantil A: Martín, Brian, Miguel, Samuel, Sergio Pose, Iván Barreiro, André, Dani, José Rey, Murilo e Rodrigo. Tamén xogaron: Anxo, Carlos Santana, Jairo, Jorge e Rubén.

A próxima fin de semana toca xornada de descanso para o equipo que prepara Juan Villamisar.