A Deportienda, Tenda oficial do Deportivo da Coruña, remodelou as súas instalacións, con máis imaxes do Deportivo, novas fotografías e máis cor. Así, a nova colección primavera verán de RCD Sport móstrase aínda mellor.
Ademais, continúa o éxito de acollida da colección de RCD Junior, a liña de nenos da colección RCD, para vestir do Deportivo tamén nos intres de lecer. A Deportienda, que hoxe tivo gran ambiente durante todo o día con motivo do encontro de Liga de Campións co Milán, abrirá este xoves as súas portas en horario habitual para seguir ofrecendo ao público a súa nova colección.