Continúan as emocionantes homenaxes a Manuel Pablo. Se Riazor loce con decenas de pancartas de ánimo ao xogador, o persoal deportivista non quixo ser menos e todos saltaron ao campo coa camiseta do 2 branquiazul, Molina incluído, sendo recibidos por unha gran ovación de homenaxe ao xogador. Despois, os deportivistas lanzaron as camisetas á bancada.
Os primeiros 45 minutos caracterizáronse por un xogo insulso e a ausencia dun claro dominador no campo. o Deportivo dispuxo a través de Diego Tristán das dúas ocasións máis claras. A afección e xogadores do Deportivo protestaron unha xogada na área de Xavi sobre Valerón na que as colexiado Esquinas Torres non sinalou nada. No Barça as ocasións máis claras foron un par de disparos de Xavi e un rexeite en propia porta de Naybet que golpeou o poste deportivista e puxo en serios aprietos a Molina. No minuto 37 chegaba o gol nun contragolpe xogada persoal de Kluivert que chega á área, Molina sae, o blaugrana supérao e dispara a porta sen que Naybet logre deter o gol. Despois do gol chegaría un fortísimo disparo de Makaay a porta que detén Bonano, xogada tras a que o xogador houbo de ser substituído.
O mellor do primeiro tempo, a cálida homenaxe a Manuel Pablo. O peor, o gol en contra e que Makaay tivo que ser substituído por Víctor con molestias nunha perna. O parte médico provisional a falta da ecografía é unha rotura fibrilar na coxa esquerda.
O segundo tempo comezou coa mesma tónica, sen un dominador claro do centro do campo, pero o Deportivo buscou con afán o gol e chegou, no minuto 5, das botas de Fran tras unha xogada entre Donato e Romeu. Era a igualada. Pero os de Irureta non se relaxaron e continuaron á procura da porta de Bonano nuns minutos de escaso traballo para Molina. E ao final chegaría o novo gol, o que daba a volta ao marcador, no minuto 67 unha xogada "nacional". Héctor deixa para Valerón, que centra a Víctor e este con un pase maxistral habilita a Fran que, de novo, bate a Bonano. Novo gol, e reunión de todos os deportivistas no céspede para dedicar o tanto a Manuel Pablo cunha camiseta de "Ánimo" que Valerón vestía baixo o seu equipamento.
Pero Fran volvería gozar dunha boa ocasión neste período a pase de Donato que puxo ao público novamente en pé. Tamén Sergio tivo unha boa oportunidade que o colexiado abortou decretando fóra de xogo.
Rexach expuxo un once con Bonano, Reiziger (Fernando 50'), Frank de Boer, Xavi, Cocu, Kluivert, Gabri, Alfonso, Luís Enrique, Geovanni e Puyol.
Para Rexach futbolísticamente o Barça foi superior pero asumiu a derrota. Javier Irureta alegrouse dos dous tantos anotados por Fran e admitiu que o equipo xoga máis tensionado co marcador en contra.
No Deportivo formaron de inicio Molina, Romeu, Naybet, Makaay (Víctor 39'), Diego Tristán, Fran, Sergio, Donato, Valerón, Duscher e Héctor.
No banco blaugrana estiveron Raíña, Navarro, Trashorras, Motta, Nano e Oleguer, mentres que no do Deportivo sentaron César, Scaloni, Nuno, Emerson, Pandiani, Víctor e Capdevila.
