#ANOSACANTEIRA afronta unha nova semana de pretemporada con amigables para o Fabril, Deportivo ABANCA B, xuvenís, cadetes e infantís.
Mañá mércores 31 de agosto entran en xogo tres equipos: o Cadete en Vilalba (18:00), o San Tirso SD Cadete no Monte ante o Ural Español CF A (17:30) e o San Tirso SD Infantil en Carballo (19:30).
Á marxe dos alevíns e benxamíns, aínda de descanso estival, unicamente queda fóra deste carrusel de amigables o Xuvenil A, que arranca a División de Honra este domingo 4 de setembro ás 12:00 no campo lucense da Cheda ante o CD Lugo.
Os pupilos de Manuel Pablo pecharon a pretemporada con sete amigables, moitos deles ante rivais de Tercera RFEF. O balance é de dúas vitorias: ante o Chantada Atlético de Primeira Autonómica (1-5) e Racing de Ferrol (1-2); catro empates: ante CSD Arzúa de Tercera RFEF (2-2), UD Paiosaco de Tercera RFEF (1-1), CD Lalín de Primeira Autonómica (3-3) e CD Lugo (0-0); e tan só unha derrota, fronte ao Real Madrid CF (0-4).
En total, os branquiazuis anotaron 13 goles e encaixaron 12 dianas. Kevin foi o pichichi do verán con 3 goles; seguido por Garaboa, Baldomar e Montero, todos eles con 2. Tamén se estrearon na faceta anotadora, con 1: Hugo, Ogando, Carreira e Pedro.
Para a fin de semana quedan o partido do Fabril en Arteixo (sábado ás 12:00) na última cita de pretemporada para o equipo de Óscar Gilsanz; e o do Deportivo ABANCA B en Chan do Areeiro ante o UD Mos a esa mesma hora e día.
E ademais hai compromiso o sábado 3 de setembro para Xuvenil B en Santa Comba (19:30), San Tirso SD Cadete na Grela ante o Victoria CF A (11:30) e dobre cita en Narón desde as 10:00 ante SD O Val para os dous equipos infantís.
Estréase nesta pretemporada o Orzán SD Cadete Feminino B que xogará na Liga Galega. O seu rival será a Torre SD o sábado 3 de setembro ás 18:00 no campo 4 de La Torre.
Esta longa semana de amigables pecharaa o luns 5 o Orzán SD Xuvenil Feminino cun novo test estival, esta vez en Cambre ante o equipo local, a partir das 21:00 horas no campo Dani Mallo.
O calendario de partidos xa confirmados é o seguinte:
Terceira RFEF
ATLÉTICO ARTEIXO - FABRIL, o sábado 3 de setembro ás 12:00 en Ponte dos Brozos
Categoría feminina
UD MOS - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 3 de setembro ás 12:00 en Chan do Areeiro (Pazos de Borbén, Pontevedra)
SPORTING CAMBRE - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o luns 5 de setembro ás 21:00 no campo Dani Mallo (Cambre)
ORZAN SD CADETE FEMININO B - TORRE SD, o sábado 3 de setembro ás 18:00 horas na Torre (campo 4)
Categoría xuvenil
División de Honra, 1ª xornada: CD LUGO - XUVENIL A, o domingo 4 de setembro ás 12:00 na Cheda (Lugo)
XALLAS FC, de Primeira Autonómica - XUVENIL B, o sábado 3 de setembro ás 19:30 na Fontenla (Santa Comba)
Categoría cadete
RACING VILLALBÉS xuvenil - CADETE, mañá mércores ás 17:30 no Estadio Roca (Vilalba)
SAN TIRSO SD CADETE - URAL ESPAÑOL CF, mañá mércores ás 17:30 no Monte (San Tirso)
VICTORIA CF - SAN TIRSO SD CADETE, o sábado 3 de setembro ás 11:30 na Grela
Categoría infantil
SD O VAL cadete - INFANTIL, o sábado 3 de setembro ás 12:00 no campo de Sinde (Narón)
BERGANTIÑOS CF - SAN TIRSO SD INFANTIL, mañá mércores 31 de agosto ás 19:30 nas Eiroas
SD O VAL - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 3 de setembro ás 10:00 no campo de Sinde (Narón)
