RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Novo triunfo do Cadete B, que se sitúa a un paso do liderado

O Cadete B derrotou ao Victoria CF B (0-3), en partido correspondente á 7ª xornada no grupo norte da Liga Galega, e sitúase na 3ª praza da clasificación con 18 puntos, a 1 punto do líder, o Bertamiráns CF, que ten 19.

Trigo, Iván e Suárez foron os goleadores deportivistas ante o Victoria CF B.

Cadete B: Rodrigo, Alexis, Burgos, Gabri, Manu, Hugo, Iván, Lombao, Suárez, Matos e Trigo. Tamén xogaron: Dani, Jacobo, Anxo e Mella.

A próxima fin de semana, o Cadete B recibe en Abegondo ao EF Lalín.

A temporada marcha así para o Cadete B:

Calasanz B 4 - Cadete B 1 (Trigo)
Cadete B 6 (Mauro -2-, Trigo -3- e Nils) - Milagrosa 1
Lugo B 0 - Cadete B 1 (Lombao)
Cadete B 2 (Iván e Trigo) - Viveiro A 0
Bergantiños B 1 - Cadete B 2 (Suárez e Trigo)
Cadete B 5 (Dani, Matos, Suárez -2- e Mella) - Escola Estrada Fútbol Base 1
Victoria CF B 0 - Cadete B 3 (Trigo, Iván e Suárez)