RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Alcalde de Culleredo ofrece 250.000 metros cadrados ao Deportivo

O Concello de Culleredo, por boca do seu alcalde, Xullo Sancristán, decidiu ofertar ao Deportivo da Coruña unha serie de terreos dos que o Concello de Culleredo é propietario na zona da Zapateira. Esta foron íntegras as palabras do rexedor local:

Como dicía, somos propietarios do chan, temos posibilidades de facer esta oferta, e ese convenio estableceriámolo sobre unha serie de condicións. Os terreos que ofertamos non só teñen que albergar ao futbol senón que deberían albergar tamén calquera actividade deportiva de rango nacional que se puidese situar nestes terreos: fútbol, hockey, cuxo equipo está en División de Honra, baloncesto, cuxo equipo consideramos que nun futuro a cidade da Coruña e a contorna da área metropolitana podería estar tamén en División de Honra e que pretendemos que se sitúe nesta zona. E ademais pretendemos que nese convenio materialícese todo o que sería a Cidade Deportiva do Deportivo da Coruña anexo ao estadio e as escolas municipais do area metropolitana.

Non tendriamos ningún inconveniente en que se constituísen todas as escolas deportivas fundamentalmente dedicadas ao baloncesto, hockey e fútbol nesas instalacións. E ademais calquera outro tipo de negocio complementario que se establece no proxecto do Deportivo pero que habería que negociar sobre unhas bases certas. Ofertamos estes terreos porque cremos que reúnen as condicións idóneas para que se poida instalar esta gran construción que pretende o Deportivo. Practicamente, desde os terreos que ofertamos na Zapateira na zona que nós chamamos das Labradas en Culleredo, desde onde nós situamos a instalación ata o estadio actual non suporía máis de 7 minutos.

Ao aeroporto, co acceso da terceira rolda e co acceso á N-550 non máis de tres minutos. Cremos que reúnen todas as condicións pola súa situación, polas infraestruturas que se van a construír nos próximos anos cremos que é o lugar idóneo. Non xeraría ningún problema de atascos nin de comunicación, nin de accesos nin para os concellos da área metropolitana nin para a propia cidade. E cremos que se podería facer unha gran instalación porque está completamente virxe o terreo. Non hai unha casa, non hai unha vivenda, non hai unha construción que impidan este tipo de construción para eventos deportivos, sociais, culturais e hoteleiros. Podiamos facer a gran cidade do Deportivo. E niso estamos abertos absolutamente a calquera posibilidade. Non hai condicionantes. O único condicionante é que o que fosen instalacións deportivas, o Concello de Culleredo non esixiría un só duro, si negociariamos o que son os aspectos complementarios e de negocios ao propio Estadio ou ás propias instalacións que se constrúan.

Esta instalación está contemplada no Plan Xeral Urbana de Culleredo que foi sometido a información pública durante tres ocasiones seguidas e que non hai ningún tipo de alegación. Estariamos en disposición de ofertar estes terreos unha vez detallado o convenio co Deportivo non máis aló de seis meses".