RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A, campión en Maspalomas, e o Cadete A, subcampión na Torre, pechan a temporada de #ANOSACANTEIRA

O Alevín A proclamouse hoxe sábado brillante campión da Maspalomas Cup 2017 tras superar na gran final ao sempre potente Atlético de Madrid (1-0), grazas a un solitario gol de Yago.

Desta forma, o Alevín A pon o punto e final a unha gran temporada.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes:

Primeira Fase
Martes 27 de xuño
ALEVÍN A 7 (Domínguez -4-, Noah, Diego e Javi) - LA LAGUNA 0

Mércores 28 de xuño
ALEVÍN A 1 (Manu) - HURACÁN 0

Xoves 29 de xuño
ALEVÍN A 5 (Domínguez -3- e Carlos -2-) - LA GARITA 0

Venres 30 de xuño
Oitavos de final
ALEVÍN A 5 (Mella -2-, Yago -2- e Sierra) - CERRUDA 0

Cuartos de final
ALEVÍN A 1 (Domínguez) - GRANCATEK 0

Sábado 1 de xullo
Semifinais
ALEVÍN A 3 (Carlos, Diego e Domínguez) - VETERANOS DEL PILAR 2

Final
ALEVÍN A 1 (Yago) - ATLÉTICO DE MADRID 0

O Cadete A tamén brilla na Torre

O Cadete A proclamouse esta tarde subcampión da 26ª edición do Torneo Internacional Ciudad de La Coruña Trofeo Juan M. Iglesias Mato 'Palau' en categoría cadete.

O conxunto deportivista, que fixo unha paréntese nas súas vacacións para xogar este prezado trofeo, pasou como segundo do seu grupo, eliminou ao Lugo en semifinais e caeu na quenda de penaltis da final co Victoria.

O dianteiro branquiazul Mosquera foi o pichichi da competición.

Neste Torneo Internacional Ciudad de La Coruña que se xogou esta semana na cidade deportiva da Torre participaron ademais outros dous equipos de #ANOSACANTEIRA: Alevín B semifinalista onte venres e o Benxamín A, gañador o pasado xoves, co deportivista Jairo como mellor xogador.

Sábado 1 de xullo
Categoría cadete
Primeira Fase
CADETE A 2 (Mosquera e Borja) - GALICIA CARANZA 0
CADETE A 0 - VICTORIA 1

Semifinais
CADETE A 1 (Mosquera) - LUGO 0

Final
CADETE A 1 (Mosquera) - VICTORIA 1. Por penaltis: 3-4

Os resultados do Alevín B onte foron os seguintes:

Venres 30 de xuño
Categoría alevín
Primeira Fase
ORILLAMAR C 0 - ALEVÍN B 4 (Lucas, Hugo, Álvaro e Dani)
ALEVÍN B 2 (Dani e Pablo) - GALICIA CARANZA 1
ALEVÍN B 2 (Pablo -2-) - IMPERÁTOR OAR 2

Cuartos de final
ALEVÍN B 1 (Dani) - GALICIA DE MUGARDOS 0

Semifinal
ALEVÍN B 0 - XUVENTUDE DE OROSO 0. Por penaltis: 0-2

Os resultados do Benxamín A o pasado xoves foron os seguintes:

Xoves 29 de xuño
Categoría benjamín
Primeira Fase
ORILLAMAR C 0 - BENXAMÍN A 5 (Jairo, Bruno -2-, Dani e Pablo Fernández)
BENXAMÍN A 4 (Erick, Pablo Fernández, Álex e Eli) - SPORTING CAMBRE 0
BENXAMÍN A 1 (Bruno) - EF LUIS CALVO 0

Cuartos de final
BENXAMÍN A 3 (Bruno, Eli e Jairo) - VICTORIA 1

Semifinais
BENXAMÍN A 1 (Jairo) - XUVENTUDE DE OROSO 0

Final
BENXAMÍN A 3 (Álex, Dani e Eli) - OLÍMPICO DE RUTIS 0