RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

O Alevín A, este sábado en Dumbría, completa o calendario de citas amigables en #ANOSACANTEIRA

A participación do Alevín A este sábado 28 de setembro na 9ª edición do Memorial Manuel Andújar no campo do Conco (Dumbría), nun torneo que foi suspendido a pasada fin de semana pola ameaza de temporal, completa as citas amigables para #ANOSACANTEIRA, todas elas o mesmo sábado.

Ademais, Alevín B e Benxamín B compiten en Burela, con motivo da Marosa Cup; mentres que o Benxamín A participa no Torneo que organiza o CD Velle no campo Monte da Aira de Ourense.

O calendario de amigables, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría alevín
IX Memorial Manuel Andújar, no campo do Conco (Dumbría)
Sábado 28 de setembro
Primeira Fase (campo 1)
16:15: CF DUMBRÍA B - ALEVÍN A
17:05: ALEVÍN A - UC CEE
O primeiro de grupo xogará a final, a partir das 19:30; mentres que os outros dous equipos xogarán unha final de consolación

ALEVÍN B 2 (Gael e Uxío) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A 2

V Marosa Cup en Burela, na Marosa (campo 2)
Sábado 28 de setembro
Primeira Fase
11:10: ALEVÍN B - VIVEIRO CF A
13:15: ALEVÍN B - CD FOZ
16:35: ALEVÍN B - SCD MILAGROSA
Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que arrancan ás 17:00 horas

Categoría benxamín
VIII Memorial Manolo Carreira, en Monte da Aira (Ourense)
Sábado 28 de setembro
Primeira Fase (campo 1)
11:00: CD ALLARIZ - BENXAMÍN A
12:20: BENXAMÍN A - ED OURENSE
13:40: CD LA PURÍSIMA - BENXAMÍN A
Os dous primeiros clasificados pasan a cuartos de final, que se xogan a partir das 16:30; mentres que os outros dous conxuntos disputarán unha Fase de Consolación, que arranca ás 16:00 horas.

V Marosa Cup en Burela, na Marosa (campo 1)
Sábado 28 de setembro
Primeira Fase
11:10: BENXAMÍN B - CP LUCENSE
13:15: BENXAMÍN B - SD RIBADEO A
16:35: BENXAMÍN B - ACD PIRINGALLA
Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan a partir das 17:00 horas.