Atlético de Madrid, Eibar, Sevilla e Las Palmas foron os primeiros rivais do Alevín A na 26ª edición do Torneo Nacional Pamesa LaLiga Promises, competición organizada pola Fundación José Ramón de la Morena na que participan os equipos dos 20 clubs de Primeira División.
A edición deste ano xógase na Cidade Deportiva Pamesa Cerámica na localidade castellonenca de Vilarreal.
O conxunto deportivista pasou a oitavos de final como primeiro de grupo. Hoxe venres, só caeu no primeiro partido, ante o Atlético de Madrid, e pola mínima. Logo foron todo vitorias.
Mañá sábado, o rival en oitavos de final é o Málaga, ás 10:00 horas. O choque será retransmitido en directo pola Sexta TV.
Os resultados do Alevín A na Primeira Fase foron os seguintes:
Venres 16 de xuño
ALEVÍN A 0 - ATLÉTICO DE MADRID 1
ALEVÍN A 2 (Domínguez e Mella) - LAS PALMAS 0
ALEVÍN A 3 (Carlos, Domínguez e Mella) - SEVILLA 0
ALEVÍN A 4 (Javi, Marco Baña, Carlos e Noah) - EIBAR 1
Sábado 17 de xuño
Oitavos de final
10:00: ALEVÍN A - MÁLAGA
O Benxamín A, na sexta edición do Torneo Cidade de Vilagarcía
O Benxamín A participa este fin de semana no campo da Lomba e no campo Manuel Jiménez de Vilagarcía na sexta edición do Torneo Clae Viaxes Cidade de Vilagarcía.
O conxunto deportivista quedou encadrado no grupo F, coa SD Solares - Medio Cudeyo, Badajoz, Puente Castro, Laguna e Xeitosa.
O calendario de partidos é o seguinte:
Sábado 17 de xuño
Primeira Fase
11:10: BENXAMÍN A - BADAJOZ (campo Manuel Jiménez - 1)
16:40: BENXAMÍN A - PUENTE CASTRO (campo da Lomba - 2)
19:10: BENXAMÍN A - LAGUNA (A Lomba - 2)
Domingo 18 de xuño
9:00: BENXAMÍN A - XEITOSA (Manuel Jiménez - 2)
10:20: BENXAMÍN A - SD SOLARES MEDIO CUDEYO (Manuel Jiménez - 2)
Os dous primeiros de grupo pasan a oitavos de final, que se xogan a continuación.
Alevín B, mañá nas Pontes e o domingo en Boiro
Na terceira edición do Torneo Vila das Pontes, mañá sábado 17, o Alevín B quedou encadrado no grupo C, con Neda, Rayo Sadense e Sagrado Corazón A.
O calendario de partidos da Primeira Fase é o seguinte:
11:00: SAGRADO CORAZÓN A - ALEVÍN B (campo 2)
13:00: RAYO SADENSE - ALEVÍN B (campo 2)
16:00: NEDA - ALEVÍN B (campo 1)
Os dous primeiros clasificados acceden aos cuartos de final, que se xogan a continuación.
No campo de Vista Alegre de Boiro, xa o domingo 18, o Alevín B iniciará a Primeira Fase do Trofeo Concello de Boiro ante Conxo, Rápido de Bouzas e CDC Santa Teresita.
O calendario de partidos é o seguinte:
11:00: ALEVÍN B - CDC SANTA TERESITA (campo 2A)
13:20: RÁPIDO DE BOUZAS - ALEVÍN B (campo 1A)
16:15: ALEVÍN B - CONXO (campo 2A)
Os dous primeiros do grupo clasifícanse a oitavos de final, que arrincan acto seguido.
O Benxamín B, de Boiro ás Pontes
O Benxamín B arrinca o fin de semana mañá sábado 17 no campo de Vista Alegre de Boiro no Torneo Concello de Boiro, competición organizada pola SD Abanqueiro. O conxunto deportivista pelexará na Primeira Fase do Trofeo Concello de Boiro con Santa Mariña, Santa Teresita e Atlético Fátima.
O calendario de partidos é o seguinte:
10:30: BENXAMÍN B - SANTA MARIÑA (campo 2A)
12:20: BENXAMÍN B - ATLÉTICO FÁTIMA (campo 2A)
15:15: BENXAMÍN B - SANTA TERESITA (campo 1A)
Os dous primeiros clasificados de grupo acceden a oitavos de final, que se xogan a continuación.
O domingo 18, o Benxamín B compite no campo de O Poboado nas Pontes no Torneo Vila das Pontes. Os seus primeiros rivais serán Ánimas, Viveiro A e Imperátor.
O calendario da Primeira Fase é o seguinte:
11:00: IMPERÁTOR - BENXAMÍN B (campo 4 anexo)
12:00: ÁNIMAS - BENXAMÍN B (campo 4 anexo)
16:00: VIVEIRO A - BENXAMÍN B (campo 4 anexo)
Os dous primeiros de grupo e os dous mellores terceiros dos tres grupos pasan a cuartos de final, que arrincan inmediatamente.
O Infantil A pon rumbo á Cerdanyola Cup
O Infantil A viaxou hoxe venres 16 de xuño á Cerdanyola Cup 2017, un torneo de fútbol infantil que se disputará na localidade barcelonesa de Cerdanyola do Vallés.
Na Primeira Fase, o cadro deportivista quedou encadrado no grupo F, xunto a Cornellá, Calafell e Nàstic de Tarragona.
O calendario de partidos do Infantil A é o seguinte:
Sábado 17 de xuño
11:55: INFANTIL A - CORNELLÁ (campo de Bobila 1)
15:40: EFB CALAFELL - INFANTIL A (campo de Bobila 1)
19:10: NÀSTIC TARRAGONA - INFANTIL A (campo de Bobila 1)
Os dous primeiros clasificados e o catro mellores terceiros dos seis grupos pasan á Fase Final, que se xoga baixo o sistema de eliminatorias desde oitavos de final.
Os dous restantes terceiros do seis grupos e o cuarto clasificado pasan a unha Fase de Prata, que se disputa baixo o sistema de eliminatoria desde cuartos de final.