RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Alevín derrota ao SRD Portuarios e segue á fronte do subgrupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11

O Alevín venceu (8-0) en Abegondo ao SRD Portuarios en partido correspondente á 9ª xornada no subgrupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

Leo Sánchez -2-, Iker Obeso -2-, Mario González, Manu Alcázar, Nico Torres e Javi Barral foron os goleadores nun partido de clara cor branquiazul.

Con este resultado, o conxunto de Alberto Suárez lidera en solitario o subgrupo con 24 puntos de 24 posibles, á espera do que faga o CD Calasanz, 2º con 21, no seu partido desta xornada que xogará xa no mes de maio. Precisamente ambos os equipos veranse as caras na próxima xornada deste torneo, prevista para o 7 de maio.

Alevín: Alejandro Pais, David Ramos, Daniel Alonso, Mateo Varela, Manu Alcázar, Leo Sánchez, Javi Barral, Hugo Caridad, Yael López, Mario González e Nico Torres. Tamén xogaron: Thiago Montes, Sergio Infante e Iker Obeso.

Neste equipo, os xogadores Thiago Montes, Antón Vilariño e Iker Obeso están convocados para un adestramento coa selección galega sub-12 mañá xoves 27 de abril ás 17:00 no campo da Braña en Rois.

Este tres canteiráns disputarán a fin de semana que vén o Campionato de España de seleccións autonómicas. Os rivais de Galicia o sábado 29 serán Madrid (9:30), A Rioxa (11:40) e Aragón (18:00); e o domingo 30, Estremadura (10:35).

Os resultados do Alevín até a data no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 son os seguintes:

SD Residencia 0 - Alevín 6 (Leo Sánchez -2-, Manu Alcázar, Mario González, Thiago Montes e Nico Torres)
Alevín 4 (Iker Obeso -2-, Mario González e Thiago Montes) - Racing de Ferrol 0
Atlético Coruña Montañeros CF 3 - Alevín 6 (Thiago Montes -3-, Leo Sánchez, Antón Vilariño e Mario González)
Alevín 6 (Mario González -3-, Iker Obeso, Thiago Montes e Hugo Caridad) - Ural Español CF 0
CD Lugo 1 - Alevín 4 (Yael López -2-, Iker Obeso e Thiago Montes)
Alevín 3 (Nico Torres, Yael López e Daniel Alonso) - Galicia Caranza 0
SDCyR Narón O Freixo 0 - Alevín 3 (Mario González -3-)
Alevín 8 (Leo Sánchez -2-, Iker Obeso -2-, Mario González, Manu Alcázar, Nico Torres e Javi Barral) - SRD Portuarios 0