RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ALEVÍN A

O Alevín mantén o pleno de triunfos no Trofeo Conservas Calvo ao dobregar ao Racing de Ferrol

O Alevín mantén o pleno de triunfos no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 ao dobregar ao Racing de Ferrol (1-0) en Abegondo en choque correspondente á 3ª xornada.

Nacho Villanueva (na foto na fila de abaixo o primeiro futbolista empezando pola dereita) foi o autor do único tanto do partido, aos 12 minutos.

Así pois, o equipo de Alberto Suárez suma 9 puntos de 9 posibles, igualado co CD Lugo na cabeza da táboa do grupo norte.

Alevín: Iago Miranda, Iván Gil, Hugo Macedo, Yoel Puñal, Enzo Bértoa, Jorge Fernández, Nacho Villanueva, Martín López, Álvaro Gómez, Sergio Fernández e Rui Caamaño. Tamén xogaron: Roque Martínez, David Gómez, Hugo Luaces e Brais Martínez.

A próxima fin de semana, o Alevín visita ao San Tirso SD.

Os resultados do Alevín no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 son os seguintes:

Alevín 5 (Martín López -2-, Álvaro Gómez -2- e Nacho Villanueva) - Atlético Coruña Montañeros CF 0
UC Cee 0 - Alevín 8 (Sergio Fernández -2-, Martín López -2-, Hugo Macedo, Jorge Fernández, David Gómez e Rui Caamaño)
Alevín 1 (Nacho Villanueva) - Racing de Ferrol 0