RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Básquet Coruña presenta en Abegondo o equipamento branquiazul que estreará mañá en Riazor

O presidente do Club Leyma Básquet Coruña, Juan Carlos Fernández, acompañado polo conselleiro do área social do Real Club Deportivo, Martín Pita, que actuó como anfitrión, desveló esta ma&ntil

 
Os xogadores Larry Abia e Vladi Orlov vestiron o novo equipamento do Leyma Básquet Coruña coa que se pretende simbolizar o irmandamento entre as dúas entidades e as dúas afeccións unidas polo amor ao deporte e á cidade. No acto de presentación, Juan Carlos Fernández agradeceu ao Real Club Deportivo da Coruña o seu apoio á entidade baloncestística e á promoción do deporte, destacando a importancia de aproveitar sinerxías entre as diversas modalidades, o que redunda en beneficio da afección e a cidade, impulsando a convivencia social e a dinamización  económica. Froito desta colaboración entre ambos os clubs, nesta tempada os seguidores do Dépor e do Leyma Básquet Coruña gozan de descontos cruzados nos abonos.
 
Domingo de fútbol e baloncesto en Riazor
 
Na mesma liña enmárcase a tarde deportiva que coruñeses e visitantes poderán gozar mañá domingo en Riazor, comezando polo partido do Dépor contra o Espanyol ás 16:00 horas e enlazando co duelo do Leyma Básquet Coruña contra o Ourense ás 18:00 horas. Con este choque, correspondente ao XXIX Trofeo Teresa Herrera de Baloncesto e cuxa entrada é gratuíta grazas a Leyma, os de Perico Díaz finalizan os partidos de pretemporada e prepáranse para estrear a nova tempada da liga LEB Ouro xogando en casa o venres 2 de outubro contra o Palencia.