RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A compite mañá venres na Lousada International Cup de Portugal

Sen competición oficial até despois do nadal, varios equipos de #ANOSACANTEIRA teñen estes días partidos amigables de preparación previo aos días de descanso.

Mañá venres o Benxamín A (na foto da noticia) desprázase a Portugal para participar na Lousada International Cup. 

Os rivais do conxunto deportivista na primeira fase son o Vizela, FC Porto, Vitória SC e AD Lousada.

O sábado tócalle a quenda ao San Tirso SD Infantil en Lousada; e ao Fabril FC Alevín e Fabril FC Benxamín no Torneo de Nadal do Atlético Cuntis.

Onte mércores 20 estaban fixados dous amigables: o Deportivo ABANCA B en Gondomar ante o Lóstrego CF (1-0) e o do Cadete en Arteixo (0-0).

No filial feminino a novidade foi a presenza da internacional Paula Novo, que volveu disputar un partido superada xa a súa longa lesión de xeonllo.

O Dépor ABANCA B formou de inicio con Uxía Rabuñal, Uxía López, Paula Novo, Noelia Mayo, Macarena González, Celia Sousa, Sara Cercido, Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Noela e Laura Otero. Tamén xogaron: Martina Rivas, Laura Testa, Elena López 'Cusi', Candela Fernández, Paula Martínez, Noe Gómez e Iria Otero.

As branquiazuis dominaron o xogo, gozaron das mellores ocasiones pero encaixaron o gol no único descoido defensivo.

O pasado martes xogaron en Abegondo o Alevín A e o Benxamín A; mentres que en Sada fixérono o Infantil e o San Tirso SD Infantil.

O calendario de amigables, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
LÓSTREGO CF 1 - DEPORTIVO ABANCA B 0 

Categoría cadete
ATLÉTICO ARTEIXO (xuvenil) 0 - CADETE 0

Categoría infantil
SADA CF (cadete) 3 - INFANTIL 2 (Gabri e Martín)

SADA CF A 2 - SAN TIRSO SD INFANTIL 5 (Hugo Mateos, Leo Sánchez, Iago Álvarez, Roque Salgueiro e Íker Obeso)
Lousada International Cup no Complexo Deportivo de Lousada (Portugal)
Sábado 23 de decembro
Primeira Fase
9:35: SAN TIRSO SD INFANTIL - SPORTING CP (campo 2)
10:45: CD FEIRENSE - SAN TIRSO SD INFANTIL (campo 2)
12:00: SAN TIRSO SD INFANTIL - VIZELA (campo 3)
14:35: AD LOUSADA - SAN TIRSO SD INFANTIL (campo 1)
15:45: SAN TIRSO SD INFANTIL - VITÓRIA SC (campo 3)
En función da clasificación, os equipos pasarán á Fase Final, que se xoga a continuación

Categoría alevín
ALEVÍN A 2 (Álvaro Gómez e Martín López) - SAN TIRSO SD B (infantil) 4

Torneo de Nadal no campo da Ran (Cuntis)
Sábado 23 de decembro
Primeira Fase
11:00: FABRIL FC ALEVÍN - ED VAL MIÑOR
12:00: FABRIL FC ALEVÍN - URAL ESPAÑOL CF
13:00: FABRIL FC ALEVÍN - ESCOLA ESTRADA FB
15:20: FABRIL FC ALEVÍN - ATLÉTICO CUNTIS
En función de clasificación, os equipos pasarán á Fase Final, xa a continuación

Categoría benxamín
BENXAMÍN A 6 (Jorge Víboras -2-, Mateo Songo'o -2-, Leo Lorenzo e Yago Prieto) - ATLÉTICO CLUB PERILLO 4
Lousada International Cup no Complexo Deportivo de Lousada (Portugal)
Venres 22 de decembro
Primeira Fase
10:00: VIZELA - BENXAMÍN A (campo 2)
11:00: FC PORTO - BENXAMÍN A (campo 2)
12:00: VITÓRIA SC - BENXAMÍN A (campo 2)
14:45: AD LOUSADA - BENXAMÍN A (campo 1)
En función da clasificación, os equipos pasarán á Fase Final, que se xoga a continuación

Torneo de Nadal no campo da Ran (Cuntis)
Sábado 23 de decembro
Primeira Fase
11:20: FABRIL FC BENXAMÍN - URAL ESPAÑOL CF
12:40: FABRIL FC BENXAMÍN - ESCOLA ESTRADA FB
14:40: FABRIL FC BENXAMÍN - BERTAMIRÁNS FC
15:20: FABRIL FC BENXAMÍN - ATLÉTICO CUNTIS
En función da clasificación, os equipos pasarán á Fase Final, que se xoga a continuación