RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A gana ao 'Orilla' e acariña o título de campión do subgrupo A de Primeira A Coruña

O Benxamín A derrotou (6-0) ao Orillamar SD en partido correspondente á 15ª xornada adiantado ao fin de semana por compromisos amigables do conxunto branquiazul en Alemaña e acariña o título de campión do subgrupo A de Primeira A Coruña.

Os branquiazuis suman 42 puntos por 30 puntos do Ural Español CF, que ten que xogar o seu partido desta fin de semana. Despois desta xornada restan tres máis para acabar esta primeira parte da temporada.

Martín López -2-, Hugo Luaces -2-, David Gómez e Hugo Macedo foron os goleadores deportivistas.

Benxamín A: Roque Martínez, Yoel Puñal, Brais Martínez, Jorge Fernández, Álvaro Gómez, David Gómez, Hugo Luaces e Nacho Villanueva. Tamén xogaron: Roi Castro, Iván Gil, Hugo Pousa, Hugo Macedo e Martín López.

O Atlético Coruña Montañeros CF será o seguinte rival en liga do Benxamín A, a fin de semana do 9 e 10 de abril.

Os resultados do Benxamín A son os seguintes:

Benxamín A 9 (Iván Gil -3-, Álvaro Gómez -2-, Nacho Villanueva -2- e Hugo Macedo -2-) - Imperátor OAR 0
CD Calasanz 0 - Benxamín A 2 (Álvaro Gómez -2-)
Benxamín A (Jorge Fernández -3-, Martín -2-, David Gómez, Álvaro Gómez e Nacho Villanueva) - CF Deportivo Orzán 0
Fabril FC Benxamín 1 - Benxamín A 13 (Hugo Luaces -4-, Álvaro Gómez -3-, Martín López -2-, Nacho Villanueva, David Gómez, Iván Gil e Hugo Macedo)
Benxamín A 4 (Álvaro Gómez -2- e Hugo Macedo -2-) - Victoria CF A 1
Orillamar SD 0 - Benxamín A 8 (Martín López -2-, Jorge Fernández -2-, Hugo Macedo -2-, Brais Martínez e Hugo Luaces)
Benxamín A 11 (David Gómez -2-, Nacho Villanueva -3-, Hugo Macedo -2-, Martín -2-, Hugo Pousa e Álvaro Gómez) - Atlético Coruña Montañeros CF 0
Ural Español CF 0 - Benxamín A 5 (Álvaro Gómez -2-, Nacho Villanueva, Hugo Luaces e Iván Gil)
Imperátor OAR 0 - Benxamín A 12 (Álvaro Gómez -3-, Nacho Villanueva -3-, Jorge Fernández -2-, David Gómez -2-, Hugo Pousa e Hugo Luaces)
Benxamín A 2 (Hugo Pousa e David Gómez) - CD Calasanz 0
CF Deportivo Orzán 0 - Benxamín A 10 (Hugo Pousa -3-, Nacho Villanueva -2-, David Gómez -2-, Iván Gil, Brais Martínez e Hugo Luaces)
Benxamín A 13 (Álvaro Gómez -3-, Iván Gil -2-, Jorge Fernández -2-, Hugo Macedo -2-, David Gómez -2-, Nacho Villanueva e Martín López) - Fabril FC Benxamín 0
Victoria CF A 1 -. Benxamín A 10 (David Gómez -2-, Hugo Luaces -2-, Martín López -3-, Álvaro Gómez, Nacho Villanueva e Brais Martínez)
Benxamín A 6 (Martín López -2-, Hugo Luaces -2-, David Gómez e Hugo Macedo) - Orillamar SD 0

O equipo viaxa a Alemaña para disputar dous torneos amigables

O Benxamín A viaxa este xoves 31 de marzo a Alemaña para disputar dous torneos amigables no municipio alemán de Wertingen.

O primeiro deles, a Wertingen U10, será mañá venres 1 de abril con estes rivais: TSV Wertingen gelb, FC Porto, GNK Dinamo Zagreb e TSV Wertingen schwarz.

O calendario de partidos é o seguinte:

16:30: BENXAMÍN A - FC PORTO
17:30: GNK DINAMO ZAGREB - BENXAMÍN A
18:00: TSV WERTINGEN GELB - BENXAMÍN A
18:30: BENXAMÍN A - TSV WERTINGEN SCHWARZ

No segundo torneo, a U10 UR-Bau Schwaben-Trophy International, o Benxamín A medirase o sábado 2 de abril no grupo B da Primeira Fase a estes rivais: TB Johannis 1888 Nürnberg, TSV Welden, Bayer 04 Leverkusen e SV Germering.

O calendario de partidos é o seguinte:

9:00: BENXAMÍN A - TB JOHANNIS 1888 NÜRNBERG
9:38: SV GERMERING - BENXAMÍN A
10:16: BENXAMÍN A - TSV WELDEN
11:32: BAYER 04 LEVERKUSEN - BENXAMÍN A

A partir de aquí, e segundo clasificación, os equipos pasarán á segunda fase, entre o sábado pola tarde e o domingo.