RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A mantén o seu idilio co gol

Novo partido e nova goleada do Benxamín A, esta vez ante o Orillamar A, ao que superou (0-11) con goles de Anxo -3-, Diego -2-, Nico -2-, Eder, Rilo, Mosquera e Pablo.

Desta forma, o equipo deportivista suma 9 puntos de 9 posibles, á fronte da táboa do grupo 2º da Primeira Comarcal A Coruña, con 27 goles a favor e até o momento 0 en contra.

Benxamín A: Rodrigo, Íker, Pablo, Xabi, Mosquera, Nico, Raúl e Diego. Tamén xogaron: Joel, Anxo, Eder e Guille.

O vindeiro sábado, o Benxamín A enfróntase ao Sporting Burgo A, na 4ª xornada ligueira.

Os resultados até a data do Benxamín A son os seguintes:

UD Juvenil 0 - Benxamín A 8 (Diego -2-, Íker -2-, Iago -2-, Eder e Leandro)
Benxamín A 8 (Diego -2-, Guille -2-, Pablo, Anxo, Íker e Nico) - Atlético Arteixo A 0
Orillamar A 0 - Benxamín A 11 (Anxo -3-, Diego -2-, Nico -2-, Eder, Rilo, Mosquera e Pablo)