RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
BENXAMÍN A

O Benxamín A mantense firme ante o Victoria CF e asina o seu terceiro triunfo na Fase polo Título da Primera A Coruña

O Benxamín A (na foto de arquivo con motivo da Ibercup de Cascais) mantívose firme ante o Victoria CF e asinou o seu terceiro triunfo (5-2) na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8.

Mateo Songo'o -2- Leo Lorenzo -2- e Álex Casado foron os goleadores branquiazuis.

Con este resultado, o equipo de Jacobo Saco suma 9 puntos de 9 posibles á fronte da clasificación.

Benxamín A: Antar Teijeiro, Yago Prieto, Antón Fernández, Diego Castelo, Breogán Díaz, Leo Lorenzo, Adrián Liñares e Mateo Songo'o. Tamén xogaron: Mateo Cardelle, Andrés Valencia, Álex Casado e Alberto Novo.

A próxima fin de semana o Benxamín A mídese nas Eiroas ao ED Luis Calvo Sanz.

Os resultados do Benxamín A até a data nesta segunda parte da temporada son os seguintes:

UD Carral 0 - Benxamín A 7 (Alberto Novo -3-, Mateo Songo'o, Álex Casado, Antón Fernández e Diego Castelo)
Benxamín A 4 (Alberto Novo -2-, Diego Castelo e Leo Lorenzo) - Fabril FC Benxamín 1
Benxamín A 5 (Mateo Songo'o -2- Leo Lorenzo -2- e Álex Casado) - Victoria CF 2