RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A pecha mañá en Abegondo unha longa fin de semana, hoxe con despedida goleadora do Dépor ABANCA B e empate do Xuvenil A

Mañá luns 13 de maio ás 19:00 o encontro da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8 entre o Benxamín A e o ED Luis Calvo Sanz pecha unha longa fin de semana de partidos en ANOSACANTEIRA.

Os branquiazuis competiron esta fin de semana na Motion Cup, torneo que se celebrou no concello valenciano de La Oliva. O cadro de Jacobo Saco e Fernando Macedo 'Nano' foi eliminado en cuartos de final polo Real Madrid CF despois dunha notable participación.

Coa permanencia do Fabril xa confirmada en Segunda Federación, a atención hoxe domingo estivo centrada ás 12:00 en Abegondo.

A esa hora, o Dépor ABANCA B, subcampión da Tercera Federación FutFem, pechou a liga con goleada (8-1) ao UD Llanera.

Non estivo Lucía Rivas, concentrada en Suecia coa selección española no Campionato de Europa sub-17; pero si Michi Apóstol tras o seu paso polo Campionato Suramericano sub-20 con Venezuela, co que logrou unha praza para o Mundial de Colombia.

Á mesma hora no campo principal o Xuvenil A (na foto da noticia) mediuse ao Sevilla FC no partido de ida dos cuartos de final da Copa de Campións.

Os pupilos de Manuel Pablo proclamáronse campións do grupo 1º da División de Honra e os sevillistas, campións do grupo 4º con 8 puntos de vantaxe sobre o 2º clasificado, o Real Betis Balompé.

Os branquiazuis puideron contar co internacional Kevin Sánchez, de regreso duns adestramentos coa selección española sub-19 en Alfaz del Pi e máximo goleador do Fabril en Segunda Federación; ademais de Mardones, ambos ás ordes de Óscar Gilsanz no filial durante a tempada.

Houbo empate sen goles (0-0) e a volta na capital andaluza ditará sentenza.

Ademais o San Tirso SD Infantil sacou adiante con claridade o seu partido en Bertamiráns (0-5); e os triunfos dos 'orzanes' puxeron o punto e final á xornada: o Orzán SD Xuvenil Femenino en Vilagarcía ante o Atlético Arousana (0-4) e o Orzán SD B sub-16 Femenino na Torre ante o ED Os Miúdos (6-0).

Onte sábado 11 xogáronse un total de 8 partidos.

O Cadete estreou o título da División de Honra en Abegondo con goleada ao Pabellón Ourense CF (8-0), no único partido en casa desta xornada.

Competiron como visitantes o Orzán SD Infantil A Femenino en Ferrol ante o Racing (1-2); o Orzán SD Infantil B Femenino na Coruña ante o Club Rosalía Mera (0-3); o Xuvenil B, campión da Liga Nacional, na Coruña ante o Victoria CF (2-2); o San Tirso SD Cadete en Lugo ante o CD Lugo (1-0); o Infantil, que acariña e título da División de Honra, ante o CD Conxo Santiago (0-4); o Fabril FC Alevín ante o ED Luis Calvo Sanz (3-3); e o Fabril FC Benxamín na Coruña ante o Victoria CF (3-2).

Esta fin de semana tocou descanso para o Orzán SD Cadete Femenino, xa campión do grupo 1º da Liga Galega.

O triunfo do Alevín A ante o San Tirso SD da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8 abriu o venres o calendario de partidos.

Os branquiazuis non fallaron e recuperaron a primeira posición do grupo coa derrota do Sada CF no seu partido.

Por outra banda, as deportivistas Elena Vázquez e Sara Cercido; ademais das orzanistas Yaiza García, Emma Gandoy, Laura Santos e Noelia Mayo adestráronse o martes 7 de maio ás 17:00 no campo da Braña en Rois coa selección galega sub-17.

O mércores 8, no mesmo escenario, adestrouse a selección galega sub-15, coas orzanistas Antía Veiga, Daniela Macedo e Claudia Sande.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:

Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 30ª xornada (última): DEPORTIVO ABANCA B 8 (Laura Otero -2-, Paula Monteagudo -2-, Elena Vázquez, Noela, Carmen Carballada e Macarena González) - UD LLANERA 1

Primera Autonómica, 29ª xornada: ATLÉTICO AROUSANA 0 - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO 4 (Dunia Dahmouni, Iria Otero, Laura Santos e Noelia Furelos)

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 29ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO 6 (Daniela Macedo -2-, Noa Cardeñoso, Valentina Millón, Alexia Freire e Carmen Espadas) - ED OS MIÚDOS 0

Liga Galega, subgrupo 1º, 29ª xornada: RACING DE FERROL 1 - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO 2 (Marta Moreno -2-)
Liga Galega, subgrupo 1º, 29ª xornada: CLUB ROSALÍA MERA 0 - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO 3 (Sarai Brenda, Alma Comesaña e Ariana Barros)

Categoría xuvenil
Copa de Campións, cuartos de final, ida: XUVENIL A 0 - SEVILLA FC 0

Liga Nacional, 33ª xornada: VICTORIA CF 2 - XUVENIL B 2 (Rubén e Rodrigo)

Categoría cadete
División de Honra, 31ª xornada: CADETE 8 (Carballeira, Miguel de Labra -4-, David, Balbas e Guille) - PABELLÓN OURENSE CF 0
División de Honra, 31ª xornada: CD LUGO 1 - SAN TIRSO SD CADETE 0

Categoría infantil
División de Honra, 28ª xornada: CD CONXO SANTIAGO 0 - INFANTIL 4 (Sergio Cortizo -2-, Nikokay e Daniel)
División de Honra, 28ª xornada: BERTAMIRÁNS FC 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 5 (Hugo Caridad, Pablo Barral, Íker Obeso -2- e Gandarela)

Categoría alevín
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 9ª xornada: ALEVÍN A 9 (Rui Caamaño -2-, Hugo Macedo, David Gómez, Manu Sande, Sergio Fernández, Álvaro Gómez, Brais Martínez e Nacho Villanueva) - SAN TIRSO SD 1
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 9ª xornada: ED LUIS CALVO SANZ 3 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Thiago López, Miguel Candal e Hugo Álvarez)

Categoría benxamín
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 9ª xornada: BENXAMÍN A - ED LUIS CALVO SANZ, mañá luns 13 de maio ás 19:00 en Abegondo
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 9ª xornada: VICTORIA CF 3 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Pablo Couso -2-)

Motion Cup en La Oliva (Valencia)
Primera Fase    
Sábado 11 de mayo
BENXAMÍN A 4 (Enzo Bértoa -2-, Adrián Liñares e Alberto Novo) - US IVRY 1
ACADEMIA '380' 1 - BENXAMÍN A 1 (Enzo Bértoa)
CD BENIFAIÓ 0 - BENXAMÍN A 9 (Mateo Songo'o -2-, Alberto Novo -2-, Enzo Bértoa -2-, Andrés Valencia, Mateo Cardelle e Ares Navarro)

Oitavos de final
CF BELLREGUARD 0 - BENXAMÍN 6 (Enzo Bértoa -2-, Andres Valencia -2-, Alberto Novo e Diego Castelo)

Domingo 12 de maio
Cuartos de final
BENXAMÍN A 1 (Mateo Cardelle) - REAL MADRID CF 3