RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
BENXAMÍN A

O Benxamín A pelexará este domingo 4 de maio co Villarreal CF pola 5ª praza da Tres Cantos Cup

Dous equipos de ANOSACANTEIRA teñen torneo amigable esta semana, o Benxamín A e o Fabril FC Benxamín.

Ambos os conxuntos están á espera da súa participación na Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8.

Este domingo 4 de maio ás 9:00, o Benxamín A pelexará co Villarreal CF pola 5ª praza da Tres Cantos Cup.

Os branquiazuis quedaron hoxe sábado apeados en cuartos de final ao caer pola mínima (0-1) ante o RCD Espanyol.

O pasado xoves, festividade do 1 de maio, a quenda foi para o Fabril FC Benxamín na 1ª edición do Torneo Cidade do Lérez no campo Manolo Barreiro.

Superada a Primera Fase con 2 vitorias e 1 empate, os fabrilistas caeron na quenda de penaltis dos cuartos de final (2-3) ante o RC Celta, despois de que o tempo regulamentario finalizase con empate a un gol.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tres Cantos Cup
Primera Fase, no campo de fútbol de Foresta
Venres 2 de maio
BENXAMÍN A 3 (Pablo Gómez -2- e Marco Dios) - RC ALCOBENDAS 0

Sábado 3 de maio
BENXAMÍN A 4 (Pablo Gómez, César Leira, Nico Castro e Gael Fernández) - CD PARQUESOL 1
BENXAMÍN A 1 (Marco Dios) - EVERTON FC 0

Oitavos de final
BENXAMÍN A 3 (Leo Galbán -2- e Brais Iglesias) - FRESNESS 0

Cuartos de final
BENXAMÍN A 0 - RCD ESPANYOL 1

Domingo 4 de maio
Partido pola 5ª e 6ª praza
9:00: BENXAMÍN A - VILLARREAL CF

1º Torneo Cidade do Lérez, no campo Manolo Barreiro
Xoves 1 de maio
Primera Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Manu López e Xosé Varela) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Pablo Campanero e Hugo Cancela) - ALONDRAS CF 2
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Xosé Varela, Pablo Campanero e Nico Mariño) - EFB MOAÑESA 0

Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Tomás Sánchez) - RC CELTA 1. A penaltis: 2-3