RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Benxamín A, subcampión do Torneo Solidario Escola de Fútbol de Silleda

Do mesmo xeito que o Alevín A o pasado 20 de febreiro, o Benxamín A participou este domingo 6 de marzo no Torneo Solidario Escola de Fútbol Silleda que se xogou no campo do Outeiriño.

Todos os asistentes deberon doar un quilo de alimentos non perecedoiros ou pagar unha entrada de dous euros, que irán destinados ao Banco de Alimentos.

Os rivais do Benxamín A foron o Pabellón CF, Bertamiráns FC, Selección do Deza, Escola Estrada FB, Cidade de Ribeira CF e RC Celta.

O formato de competición foi de liga todos contra todos, ao termo da cal os deportivistas lograron o subcampeonato, só superados polo RC Celta.

Os resultados do Benxamín A foron os seguintes:

PABELLÓN CF 2 - BENXAMÍN A 1 (Hugo Macedo)
BERTAMIRÁNS FC 0 - BENXAMÍN A 5 (Hugo Macedo -2-, Hugo Pousa, Jorge Fernández e Martín)
SELECCIÓN DO DEZA 0 - BENXAMÍN A 2 (Álvaro Gómez -2-)
CIDADE DE RIBEIRA CF 0 - BENXAMÍN A 4 (Martín, Jorge Fernández, Sergio e Nacho Villanueva)
BENXAMÍN A 2 (Sergio e Yago) - ESCOLA ESTRADA FB 1
BENXAMÍN A 0 - RC CELTA 1

Onte sábado 5 na Torre, o Benxamín A impúxose (2-0) ao CD Calasanz na 11ª xornada no subgrupo A de Primeira A Coruña. Os branquiazuis son líderes destacados con 30 puntos de 30 posibles.