RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
BENXAMÍN A

O Benxamín A supera ao RC Alcobendas no primeiro partido da Tres Cantos Cup

Dous equipos de ANOSACANTEIRA teñen torneo amigable esta semana, o Benxamín A e o Fabril FC Benxamín.

Ambos os conxuntos están á espera da súa participación na Fase Intermedia do Campionato Galego de fútbol 8.

Hoxe venres 2 de maio o Benxamín A arrincou a súa participación na Tres Cantos Cup na localidade madrileña con triunfo por 3-0 ante o RC Alcobendas, con goles de Pablo Gómez -2- e Marco Dios.

Mañá sábado 3 de maio agardan o CD Parquesol e o Everton FC para completar a Primera Fase.

Onte xoves, festividade do 1 de maio, a quenda foi para o Fabril FC Benxamín na 1ª edición do Torneo Cidade do Lérez no campo Manolo Barreiro.

Superada a Primera Fase con 2 vitorias e 1 empate, os fabrilistas caeron na quenda de penaltis dos cuartos de final (2-3) ante o RC Celta, despois de que o tempo regulamentario finalizase con empate a un gol.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tres Cantos Cup
Primera Fase, no campo de fútbol de Foresta
Venres 2 de maio
BENXAMÍN A 3 (Pablo Gómez -2- e Marco Dios) - RC ALCOBENDAS 0

Sábado 3 de maio
9:30: BENXAMÍN A - CD PARQUESOL
12:30: BENXAMÍN A - EVERTON FC
En función da clasificación, os equipos accederán á Fase Final, que arrinca na tarde do sábado

1º Torneo Cidade do Lérez, no campo Manolo Barreiro
Xoves 1 de maio
Primeira Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Manu López e Xosé Varela) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 1
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Pablo Campanero e Hugo Cancela) - ALONDRAS CF 2
FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Xosé Varela, Pablo Campanero e Nico Mariño) - EFB MOAÑESA 0

Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Tomás Sánchez) - RC CELTA 1. A penaltis: 2-3