O Benxamín A vence ao ED Luis Calvo Sanz e é campión da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8
O Benxamín A impúxose (7-0) ao ED Luis Calvo Sanz en partido correspondente á 9ª xornada (penúltima) na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8.
Mateo Songo'o -3-, Yago Prieto, Alberto Novo, Leo Lorenzo e Diego Castelo foron os goleadores branquiazuis.
Con este resultado, e a falta de 1 partido, o equipo de Jacobo Saco suma 25 puntos xa como campión desta fase, posto que o 2º clasificado, o Victoria CF, ten 21 puntos.
Benxamín A: Antar Teijeiro, Breogán Díaz, Diego Castelo, Álex Casado, Alberto Novo, Mateo Cardelle, Leo Lorenzo e Mateo Songo'o. Tamén xogaron: Samuel Rodríguez, Yago Prieto, Adrián Liñares, Antón Fernández e Andrés Valencia.
O vindeiro domingo 19 de maio ás 13:30 na Torre (campo 1.2), o Benxamín A conclúe esta Fase polo Título da Primera A Coruña ante o Atlético Coruña Montañeros CF.
Os resultados do Benxamín A até a data nesta segunda parte da temporada son os seguintes:
UD Carral 0 - Benxamín A 7 (Alberto Novo -3-, Mateo Songo'o, Álex Casado, Antón Fernández e Diego Castelo) Benxamín A 4 (Alberto Novo -2-, Diego Castelo e Leo Lorenzo) - Fabril FC Benxamín 1 Benxamín A 5 (Mateo Songo'o -2- Leo Lorenzo -2- e Álex Casado) - Victoria CF 2 ED Luis Calvo Sanz 1 - Benxamín 9 (Mateo Songo'o -5-, Adrián Liñares, Álex Casado, Mateo Cardelle e Leo Lorenzo) Benxamín A 6 (Adrián Liñares -2-, Mateo Songo'o, Antón Fernández, Leo Lorenzo e Mateo Cardelle) - Atlético Coruña Montañeros CF 0 Benxamín A 13 (Adrián Liñares -3-, Leo Lorenzo -3-, Alberto Novo -2-, Álex Casado -2-, Mateo Songo'o e Antón Fernández) - UD Carral 1 Fabril FC Benxamín 1 - Benxamín A 1 (Mateo Songo'o) Victoria CF 2 - Benxamín A 6 (Diego Castelo -2-, Leo Lorenzo -2-, Antón Fernández e Mateo Cardelle) Benxamín A 7 (Mateo Songo'o -3-, Yago Prieto, Alberto Novo, Leo Lorenzo e Diego Castelo) - ED Luis Calvo Sanz 0