RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Cadete A dobrega ao Lugo cun gran primeiro tempo

O Cadete A impúxose ao Lugo (4-0), en partido da 8ª xornada da División de Honra, grazas a un gran primeiro tempo, no que deixou sentenciado o choque cos goles de Peke, Mario e Portas. Aye, na segunda metade, redondeou o marcador.

Con este resultado, o Cadete A é segundo na táboa con 20 puntos, a 4 puntos do líder, o Celta A.

Cadete A: Íker, Roque, Añón, Landeira, Fito, Pablo, Do Carmo, Mario, Juanma, Peke e Portas. Tamén xogaron: Manu, Juan, Melide, Pol e Aye.

A vindeira fin de semana, o Cadete A volve xogar en Abegondo, nesta ocasión ante o Areosa.

Os resultados ata a data do equipo que prepara Luis Jiménez son os seguintes:

Val Miñor 3 - Cadete A 3 (Fito, Peke e Mario)
Cadete A 8 (Rares, Roque, Peke, Juanma -2-, Aye, Pol e Mario) - Bergantiños 0
Racing de Ferrol 2 - Cadete A 7 (Do Carmo, Concheiro -2-, Añón, Pol, Portas e Juanma)
Cadete A 1 (Pol) - ED Arousa SD 1
Choco 0 - Cadete A 10 (Juanma -4-, Aye -3-, Do Carmo, Peke e Portas)
Cadete A 3 (Juanma -2- e Peke) - Santiago de Compostela 0
Coruxo 1 - Cadete A 4 (Portas, Peke, Mario e Juanma)
Cadete A 4 (Peke, Mario, Portas e Aye) - Lugo 0