O Cadete A logra o título da División de Honra após unha igualada final ante o RC Celta
O Cadete A é o novo campión da División de Honra após unha igualada final ante o RC Celta no campo da Fontenla de Santa Comba (0-0), choque que se resolveu na quenda de penaltis. Nesta sorte definitiva, estivo máis atinado o conxunto branquiazul que prepara Nacho Lourido: 4-3.
Cadete A: Rodrigo, Noah, Rubén, Martiño, Gabri, Carreira, Pedro, Montero, Álex Delgado, Kevin e Ogando. Tamén xogaron: Carlos, Álvaro Mardones e Martín.
Desta forma, o Cadete A firma unha brillante temporada sen coñecer a derrota, con 10 partidos gañados e 3 empatados. Os branquiazuis anotaron 41 goles en total e recibiron 8 dianas.
Os resultados do Cadete A esta temporada foron os seguintes:
Primeira fase, subgrupo D Atlético Coruña Montañeros CF 0 - Cadete A 6 (Ogando, Carreira, Domínguez, Kevin -2- e Álex Delgado) Cadete A 2 (Marco Baña e Álex Delgado) - Victoria CF 0 CD Calasanz 0 - Cadete A 8 (Álex Delgado -3-, Pedro, Kevin -2-, Monteagudo e Martín Montero) Cadete A 3 (Carreira, Álex Delgado e Ogando) - Ural Español CF 1 Cadete A 2 (Kevin e Álex Delgado) - Atlético Coruña Montañeros CF A 0 Victoria CF 1 - Cadete A 2 (Pedro e Ogando) Cadete A 4 (Gabri, Kevin, Montero e Álex Delgado) - CD Calasanz 2 Ural Español CF 0 - Cadete A 4 (Kevin -2-, Monteagudo e Montero)
Segunda fase, grupo A2 Cadete A 1 (Álex Delgado) - RC Celta 1 Cadete A 5 (Álex Montero -3-, David Domínguez e Álex Delgado) - Arosa SC 0 San Tirso SD 2 - Cadete A 2 (Marco Baña e Álex Delgado)
Semifinais CD Lugo 1 - Cadete A 2 (Álex Delgado e Ogando)