O Cadete A San Tirso empeza mañá mércores a pretemporada
O Cadete A San Tirso do Deportivo será o seguinte equipo de #ANOSACANTEIRA en arrancar a pretemporada, co Fabril e o Xuvenil A en rodaxe desde hai uns días.
Así, este equipo, novo nas categorías inferiores do Club, terá mañá mércores 26 de xullo o seu primeiro adestramento, ás 10:00 no campo 7 de Abegondo.
Dirixido por Rubén Domínguez Rodríguez, o Cadete A San Tirso está formado por xogadores branquiazuis, que se adestrarán na Cidade Deportiva de Abegondo durante a semana, e competirán no grupo 1º da Liga Galega coa camiseta do San Tirso.
Os convocados para a primeira cita de pretemporada, un torneo en Southampton (Inglaterra), son os seguintes:
-Porteiros: Hugo Ríos y Brais
-Defensas: Trilli, Dani Barcia, Víctor, Mauro y Carracedo
-Centrocampistas: Fika, Jairo, Antón, Chucas y Braojos
-Dianteiros: Noel, Fran, Jorge, Novoa, Padín y Pablo Grande
As datas de volta dos equipos de #ANOSACANTEIRA son as seguintes:
Deportivo ABANCA B (Primeira División Autonómica feminina): 1 de agosto Xuvenil B (Liga Nacional): 1 de agosto, 10:30 Cadete A (División de Honra): 1 de agosto, 10:30 Cadete B (Liga Galega, grupo 1º): 1 de agosto, 10:30 Cadete A San Tirso (Liga Galega, grupo 1º): 26 de xullo, 10:30 Infantil A (Liga Galega, grupo 1º): 16 de agosto, 10:30 Infantil B (Primeira Autonómica, grupo 1º): 16 de agosto, 10:30 Infantil A San Tirso (Liga Galega, grupo 1º): 16 de agosto, 10:30 Alevín A (Primeira Comarcal A Coruña): 4 de setembro, 18:30 Alevín B: (Segunda Comarcal A Coruña): 4 de setembro, 18:30 Benjamín A (Primeira Comarcal A Coruña): 5 de setembro, 18:30 Benjamín B (Segunda Comarcal A Coruña): 5 de setembro, 18:30