RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Cadete avanza a cuartos de final en Arteixo e os benxamíns brillaron en Ordes

A última semana do ano 2002, sen competición oficial, está chea de torneos amigables para varios equipos de #ANOSACANTEIRA.

Hai representación branquiazul en Ordes, Arteixo, Vigo, Grado (Asturias), A Coruña e Ribadeo.

Hoxe luns 26 de decembro arrincou a semana coa Arteixo Cup para os cadetes en Ponte dos Brozos. Despois de gañar os tres partidos da Primeira Fase, os branquiazuis disputarán mañá martes ás 11:00 os cuartos de final, co Racing de Ferrol como rival.

Así mesmo, en Ordes, os dous equipos benxamíns estiveron entre os mellores: medalla de prata para o Benxamín A (na foto) e bronce para o Fabril FC Benxamín.

Pola súa banda, o Alevín A xoga en Vigo o Torneo de Nadal este xoves 29; mentres que o venres 30 entran en acción o Orzán SD Infantil Feminino en Grado (Asturias) e os dous equipos alevíns na Grela 1 (A Coruña), no tradicional torneo do Ural Español CF.

Finalmente, o Deportivo Fabril, actual líder da Tercera RFEF, e o CD Lugo B Polvorín FC, campión a pasada campaña da citada categoría e agora no grupo 1º de Segunda Federación, pelexarán o venres 30 de decembro pola LXXI edición do Trofeo Emma Cuervo, un dos decanos do fútbol internacional xunto co Teresa Herrera.

O partido, organizado polo Ribadeo FC, xogarase no Municipal Pepe Barrera de Ribadeo a partir das 16:30 horas. A entrada de público custa 10 euros, segundo fixou a organización.

A presente edición do torneo íana a disputar o RC Deportivo e o Unionistas de Salamanca CF o pasado 20 de agosto pero foi finalmente suspendido debido ao compromiso oficial do conxunto salmantino na Copa Federación.

Si se celebrou o pasado mes de agosto a II edición do Trofeo Emma Cuervo feminino, que levou o Dépor ABANCA ao derrotar ao Real Oviedo na quenda de penaltis (4-2), despois de que o encontro acabase con igualada (1-1).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
LXXI Trofeo Emma Cuervo
Venres 30 de decembro
16:30: FABRIL - CD LUGO B POLVORÍN FC, no campo Pepe Barrera (Ribadeo)

Categoría feminina
I Grado Cup Femenina, en Grado (Asturias)
Venres 30 de decembro
Primeira Fase
10:15: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO - GIJÓN FF B (campo Vega de Anzo)
11:00: SPORTING DE GIJÓN - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO (campo de El Casal)
12:30: REAL OVIEDO B - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO (campo Vega de Anzo)
Os dous primeiros de grupo xogarán as semifinais mentres que os outros disputarán unha Fase de Prata, todo iso a partir das 16:00 horas

Categoría cadete
I Arteixo Cup, en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Luns 26 de decembro
Primeira Fase
ATLÉTICO ARTEIXO 1 - DEPORTIVO 2 (Lucas e Diego)
DEPORTIVO 2 (Rubén e Diego) - RSD ALCALÁ 1
URAL ESPAÑOL CF 1 - DEPORTIVO 3 (Leandro e Janusz -2-)
Martes 27 de decembro
Cuartos de final
11:00: DEPORTIVO - RACING DE FERROL

Categoría alevín
V Torneo de Nadal Concello de Vigo, no campo municipal Manuel Pahíño (Navia)
Xoves 29 de decembro
Primeira Fase
10:10: FC PORTO - ALEVÍN A
10:50: ALEVÍN A - FINALISTA TORNEO PREVIO
12:50: PABELLÓN OURENSE CF - ALEVÍN A
Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais e o resto pelexará pola súa clasificación final

Torneo de Navidad del Ural Español CF, na Grela 1
Venres 30 de decembro
Primeira Fase
09:30: ALEVÍN A - VICTORIA CF (campo 1)
09:30: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - FABRIL FC ALEVÍN (campo 2)
11:10: ALEVÍN A - RACING DE FERROL (campo 1)
11:35: EF LUIS CALVO - FABRIL FC ALEVÍN (campo 2)
12:50: ALEVÍN A - ED XUVENTUDE DE OROSO (campo 1)
13:15: FABRIL FC ALEVÍN - SDCyR NARÓN FREIXO (campo 2)
Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, mentres que o resto xogará unha Fase de Consolación, todo iso a partir das 15:00 horas

Categoría benxamín
Torneo de Ordes, no campo de Vista Alegre
Luns 26 de decembro
Primeira Fase
URAL ESPAÑOL CF 0 - BENXAMÍN A 0
SAN TIRSO SD 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 4 (Leo Lorenzo -2- e Alberto Novo -2-)
BENXAMÍN A 4 (Miguel Candal, Alejandro Astray, Thiago López e Álex Ferradás) - ATLÉTICO PERILLO 0
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Leo Lorenzo e Diego Castelo) - ED LUIS CALVO SANZ 0
BERTAMIRÁNS FC 0 - BENXAMÍN A 2 (Miguel Candal -2-)
CD CALASANZ 2 - FABRIL FC BENXAMÍN 0
Fase de Ouro (formato de liga)
BENXAMÍN A 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 0
FABRIL FC BENXAMÍN A 0 - CD CALASANZ 1
BENXAMÍN A 0 - URAL ESPAÑOL CF 1
BENXAMÍN A 3 (Hugo Bujía -2- e Mateo Carballeira) - CD CALASANZ 0
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - URAL ESPAÑOL CF 0
Con estes resultados, o Benxamín A foi subcampión do torneo e o Fabril FC Benxamín, terceiro clasificado