O Cadete B abriu hoxe cunha boa igualada unha fin de semana de citas amigables en #ANOSACANTEIRA
Concluída a pretemporada do Fabril co amigable do pasado luns 19 de agosto en Betanzos, varios equipos teñen partidos de verán esta fin de semana: Deportivo ABANCA B, Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete A, Cadete B e Infantil A.
Ademais haberá dous torneos: o Xuvenil A en Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense) e o Deportivo ABANCA B en Posada de Llanes (Asturias).
Hoxe venres 23 de agosto, a quenda foi para o Cadete B, que protagonizou un valioso empate (3-3) en Abegondo ante o Atlético Coruña Montañeros CF, un equipo con xogadores superiores en idade na súa maior parte aos branquiazuis.
En Abegondo hai só dous partidos a fin de semana, o do Cadete A e Infantil A ante o Bergantiños CF de categoría xuvenil e Atlético Coruña Montañeros CF cadete respectivamente. Ambos serán ás 11:00, con entrada libre para os afeccionados.
O calendario da fin de semana, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:
Terceira División X Trofeo Cidade de Betanzos, no campo García Hermanos Luns 19 de agosto BETANZOS CF 1 - FABRIL 1 (Manu Mosquera). A penaltis: 3-2
Categoría feminina DEPORTIVO ABANCA B 10 (Aroa -3-, Carlota -2-, Bermúdez -2-, Navia, María Calvo e Lara) - ÂNCORA PRAIA FC 0
Torneo '3 en 1' en Posada de Llanes (Asturias) Sábado 24 de agosto 17:00: URRACA CF - DEPORTIVO ABANCA B 18:00: SD EIBAR B - DEPORTIVO ABANCA B
Categoría xuvenil Memorial Manolo Arnoia no campo do Seixo, en Santa Cruz de Arrabaldo (Ourense) Sábado 24 de agosto Semifinal 10:00: XUVENIL A - CD CALASANZ 17:00: Partido polo terceiro ou cuarto posto; ou 19:00: final
Memorial Moncho Rivera, no campo da Grela (A Coruña) Sábado 24 de agosto Semifinal 19:00: XUVENIL B - SD O VAL
Categoría cadete CADETE A - BERGANTIÑOS CF (xuvenil), o sábado 24 de agosto ás 11:00 en Abegondo (campo 5)
CADETE B 3 (Domínguez, Marco Baña e Adrián Lombao) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 3
Categoría infantil Torneo '3 en 1' no campo do Monte (San Tirso) Xoves 22 de agosto INFANTIL A 0 - IMPERÁTOR OAR (cadete) 1 SAN TIRSO SD (cadete) 3 - INFANTIL A 0
INFANTIL A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF (cadete), mañá sábado 24 de agosto ás 11:00 en Abegondo