RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Cadete gaña ao San Tirso SD e cítase co RC Celta na gran final da División de Honra

O Cadete impúxose (3-0) en semifinais, a partido único, da División de Honra ao San Tirso SD e clasificouse para a gran final da categoría.

O choque xogouse en Abegondo ao acabar o cadro deportivista mellor clasificado, segundo, na Fase polo Título que o San Tirso SD, terceiro.

Juan Barros, Mesfin e Guerrero foron os goleadores que selaron o pase dos branquiazuis.

Cadete: Yago Moreira, Diego Miranda, Pablo Parada, Zoe, Lucas Taibo, Dani Estévez, Guerrero, Noe, Mesfin, Manu Ferreiro e Juan Barros. Tamén xogaron: Adrián Vázquez, Jaime Calviño, Hugo Torres e Jorge García.

Agora, o Cadete disputará a gran final contra o vencedor da outra semifinal, o RC Celta, que venceu (5-1) ao CD Conxo Santiago. O choque será nunha sede que ditaminará a Federación Galega de Fútbol.

Os resultados do Cadete nesta segunda fase da temporada foron os seguintes:

Fase polo Título

Cadete 2 (Noé -2-) - Pabellón Ourense CF 0
ED Val Miñor Nigrán 2 - Cadete 4 (Jaime Calviño, Mesfin, Jorge García e Pablo Parada)
Cadete 4 (Jaime Calviño, Pablo Parada -2- e Guerrero) - CD Conxo Santiago 1
Pabellón Ourense CF 0 - Cadete 1 (Jorge García)
RC Celta 3 - Cadete 1 (Dani Estévez)
CD Conxo Santiago 1 - Cadete 2 (Mesfin -2-)
Cadete 3 (Guerrero e Juan Barros -2-) - ED Val Miñor Nigrán 0
Cadete 1 (Pablo Parada) - RC Celta 1

Semifinal

Cadete 3 (Juan Barros, Mesfin e Guerrero) - San Tirso SD 0