O Cadete impúxose (1-5) na sempre complicada visita ao CD Conxo Santiago, en partido da 6ª xornada da División de Honra disputada na súa totalidade hoxe mércores 12 de outubro, día festivo.
Rubén -2-, Samuel, José Rey e Jairo foron os goleadores branquiazuis nun partido que o Cadete encarrilou pronto, con 2 tantos nos primeiros 6 minutos.
Con este marcador, o conxunto que prepara Daniel M. González asina un pleno de triunfos no que vai de liga, con 18 puntos logrados de 18 disputados.
Cadete: Anxo, Pablo García, Uxío, Samuel, Carlos, Iván, Xián, Lucas, Rubén, Nico e José Rey. Tamén xogaron: Telmo, Jairo, Íker Gil e Pablo Pereda.
Esta fin de semana a liga na División de Honra continúa. O Cadete recibe na Cidade Deportiva ao Viveiro CF, o sábado ás 11:30.
Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:
Cadete 4 (Nico -2- e Lucas -2-) - CD Lugo 0 AJ Lérez 0 - Cadete 4 (Lucas, Nico, André e Iker Gil) Cadete 3 (José Rey -2- e Lucas) - RC Celta 1 Pabellón Ourense CF 0 - Cadete 4 (Telmo -2-, Dani e Rubén) Cadete 5 (Rubén, Lucas -2-, José Rey e Pablo Pereda) - Ural Español CF 1 CD Conxo Santiago 1 - Cadete 5 (Rubén -2-, Samuel, José Rey e Jairo)