RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Cadete mantén ante o Ural Español CF o seu pleno de vitorias na División de Honra

O Cadete mantén ante o Ural Español CF (5-1) o seu pleno de vitorias no que vai de disputado da División de Honra: 5 en idéntico número de partidos.

Rubén, Lucas -2-, José Rey e Pablo Pereda foron os goleadores dun partido que se decidiu na segunda metade.

Con este resultado, o Cadete lidera a táboa con 15 puntos de 15 posibles.

Cadete: Yeray, Pablo García, Sergio, Samuel, Pablo Pereda, Telmo, André, Lucas, Rubén, José Rey e Dani. Tamén xogaron: Nico, Iván, Xián, Aarón e Álvaro Vicos.

O vindeiro mércores 12 de outubro, día festivo, o Cadete visita ao CD Conxo Santiago, a partir das 10:30 no campo da Mercé (Conxo, Santiago).

Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:

Cadete 4 (Nico -2- e Lucas -2-) - CD Lugo 0
AJ Lérez 0 - Cadete 4 (Lucas, Nico, André e Iker Gil)
Cadete 3 (José Rey -2- e Lucas) - RC Celta 1
Pabellón Ourense CF 0 - Cadete 4 (Telmo -2-, Dani e Rubén)
Cadete 5 (Rubén, Lucas -2-, José Rey e Pablo Pereda) - Ural Español CF 1