RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
CADETE A

O Cadete sae de ONOSODERBI reforzado no liderado da División de Honra

O Cadete saíu reforzado de #ONOSODERBI disputado en Vigo ante o RC Celta (3-3), correspondente á 16ª xornada na División de Honra.

O encontro foi un carrusel de emocións. Xabi Campos e Miguel de Labra puxeron en vantaxe aos branquiazuis. Os célticos reaccionaron e conseguiron darlle a volta ao atopo pero Diego, na recta final e após saltar ao terreo de xogo 4 minutos antes, asinou unha igualada que reforza aos pupilos de Daniel González no liderado.

Con este resultado, o equipo deportivista mantense á fronte da categoría con 46 puntos por 40 dos célticos, os seus inmediatos perseguidores.

Cadete: Rodrigo, Guille, Xabi Campos, Pablo Campo, Íker Fernández, Abel, Leandro, Yago, Miguel de Labra, Trillo e Janusz. Tamén xogaron: Mosquera, Balbas e Diego.

A próxima fin de semana, o Cadete recibe en Abegondo ao Arosa SC aínda que antes, este mércores 17 ás 18:00, Rodrigo, Gabri, Íker Fernández e Janusz, aos que hai que unir a Nico Ruiz (que xogou esta fin de semana co Xuvenil B) e Pablo García (co Xuvenil A), están convocados coa selección galega sub-16 para disputar un amigable no campo de San Mamed (Vedra) ante o CD Conxo Santiago de Liga Nacional xuvenil.

Os resultados até a data do Cadete son os seguintes:

ED Val Miñor Nigrán 1 - Cadete 3 (Trillo, Miguel de Labra e Diego)
Cadete 3 (Janusz, Yago e Trillo) - Coruxo FC 1
Ural Español CF 0 - Cadete 5 (Mosquera -2-, Miguel de Labra, Pablo Campo e Yago)
Cadete 8 (Miguel de Labra -3-, Mosquera, Leandro, Carballeira e Diego) - Salgueiriños FC 1
UD Ourense 3 - Cadete 5 (Miguel de Labra -2-, Trillo, Janusz e Leandro)
Cadete 2 (Miguel de Labra e Guille) - CD Conxo Santiago 1
CD Lugo 2 - Cadete 5 (Miguel de Labra -5-)
Cadete 5 (Leandro, Trillo -2-, Jorge e Miguel de Labra) - Atlético Coruña Montañeros CF 0
Cadete 6 (Yago -2-, Balbas, Miguel de Labra, Diego e Janusz) - Rápido de Bouzas 2
Racing de Ferrol 1 - Cadete 4 (Íker Fernández, Janusz, Trillo e Diego)
Cadete 6 (Janusz -3-, Miguel de Labra, Diego e Xabi Campos) - CD Areosa 0
Victoria CF 1 - Cadete 4 (Miguel de Labra -3- e Diego)
Cadete 5 (Miguel de Labra -2-, Balbas, Leandro e Yago) - ED Xuventude de Oroso 0
Pabellón Ourense CF 0 - Cadete 1 (Janusz)
Cadete 4 (Diego -2-, Trillo e Balbas) - San Tirso SD Cadete 2
RC Celta 3 - Cadete 3 (Xabi Campos, Miguel de Labra e Diego)

/* Bot imbee */