RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O canteirán David Mella xa está en Marbella coa selección española sub-16

David Mella foi convocado para uns adestramentos coa selección española sub-16 en Marbella, desde hoxe luns 17 ao mércores 20 de maio.

O atacante deportivista viaxou esta mañá á cidade andaluza, vía Madrid, e esta tarde comezou as sesións de traballo na volta á actividade deste equipo nacional desde febreiro de 2020.

David Mella, que forma parte de #ANOSACANTEIRA desde categoría alevín, pertence esta temporada ao cadro do Cadete A de División de Honra pero é habitual nas convocatorias e partidos do Xuvenil A de División de Honra, é dicir, dúas categorías por encima da súa idade; o que fala ben ás claras da súa proxección.

Esta fin de semana non tivo cita ligueira, posto que o Cadete A gozou de descanso na competición de División de Honra e o Xuvenil A viu aprazado o seu partido ante o Real Racing Club por COVID-19.

Non é a primeira convocatoria internacional para o dianteiro branquiazul, que xa foi chamado con anterioridade pola selección española sub-15, coa que disputou tres encontros a comezos do ano 2020.