O xuvenil deportivista Juan Rodríguez disputou 2 partidos amigables en Qatar coa selección española sub-18, o pasado sábado 14 o primeiro e hoxe luns 16 de setembro o segundo.
Os encontros ante a selección qatarí xogáronse no Aspire Stadium de Doha.
Hoxe, Juan Rodríguez xogou a última media hora dun amigable que acabou con triunfo español (1-2). O central branquiazul arrancou o choque no banco e relevou no minuto 62 a Rafael Martín.
O pasado sábado, no primeiro deles, o canteirán branquiazul tamén saíu ao campo desde o banco para certificar o triunfo hispano (0-1).
Juan Rodríguez colle o testemuño do tamén deportivista David Mella, recentemente citado para uns adestramentos pero da selección española sub-15.