RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O canteirán Nico Balbas, citado este mes de agosto por Honduras para preparar o Mundial Sub-17 de Qatar

Nicolás Balbas Gonzales (Ferrol, 8 de maio de 2008) foi convocado pola selección de Honduras sub-17 para unha concentración de adestramentos que se prolongarán do 18 de agosto ao 31 de leste mesmo mes. 

O obxectivo é preparar a próxima edición do Mundial da categoría que se disputa no mes de novembro en Qatar.

Os rivais dos hondureños na Primera Fase serán Brasil, Indonsia e Zambia, con este calendario:

Martes 4 de novembro
BRASIL - HONDURAS

Venres 7 de novembro
ZAMBIA - HONDURAS

Martes 10 de novembro
HONDURAS - INDONESIA

Este extremo, ferrolán de nacemento pero con orixes hondureños, alternou o Xuvenil A de División de Honra, no que a temporada pasada xogou 14 partidos, 7 deles como titular, e marcou 5 goles; co Xuvenil B de Liga Nacional, co que participou en 13 partidos, 9 deles como titular, e marcou 4 goles.

O futbolista branquiazul, que chegou a ANOSACANTEIRA no primeiro ano de benxamíns, concentrarase na cidade de Siguatepeque, onde está situado o Centro de Adestramento de Seleccións Menores coñecido como 'Casa da H'.

Nicolás Balbas únese así a un nutrido grupo de canteiráns que son xa internacionais nas categorías inferiores como Raúl Lema, Nikolay Dyulgerov, Pablo García, David Mella ou Kevin Sánchez.