O CD Lugo, primeiro rival do Alevín no grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11
O Alevín inicia esta fin de semana ante o CD Lugo a súa participación na XVI edicición do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.
Compoñen este grupo norte ademais estes equipos: ADC A Piringalla, Atlético Coruña Montañeros CF B, CD Calasanz, CD As Pontes, Club de Campo Ferrol B, ED Luis Calvo Sanz, Galicia Caranza, Racing de Ferrol, SRD Portuarios, San Tirso SD, Ural Español CF e Victoria CF.
O formato de competición é de liga a unha soa volta. O campión de grupo pelexará polo trofeo co campión do grupo sur nunha final que se xogará nas Eiroas (Carballo).
O calendario do Alevín deportivista é o seguinte:
Xornada 1 (22/02/2026) Alevín - CD Lugo
Xornada 2 (01/03/2026) At. Coruña Montañeros CF B - Alevín
Xornada 3 (08/03/2026) Alevín - CD Calasanz
Xornada 4 (15/03/2026) Ural Español CF - Alevín
Xornada 5 (22/03/2026) Alevín - Victoria CF
Xornada 6 (29/03/2026) Racing de Ferrol - Alevín
Xornada 7 (05/04/2026) Alevín - Galicia Caranza
Xornada 8 (12/04/2026) CD As Pontes - Alevín
Xornada 9 (19/04/2026) Alevín - ED Luis Calvo Sanz
Xornada 10 (26/04/2026) Club de Campo Ferrol B - Alevín