RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

O CEIP Juan Fernández Latorre gozou o Dépor desde dentro grazas a 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis'

Medio centenar de alumnos de 6º de Primaria do CEIP Juan Fernández Latorre gozaron na mañá de hoxe dunha nova xornada de 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis', nun marco incomparable como o Estadio ABANCA-RIAZOR. Ademais, os rapaces gozaron do privilexio de compartir boa parte da mañá con Raquel, xogadora do Deportivo ABANCA, Leto e Juanmi Carrión, futbolistas do Fabril.

Os alumnos gozaron dunha visita guiada polas dependencias interiores de ABANCA-RIAZOR. Posteriormente, recibiron unha charla sobre a historia do Dépor a cargo do xornalista de La Opinión de A Coruña Carlos Miranda, autor do libro '110 % Branquiazul', apoiado no arquivo recompilado polo ex conselleiro Pachy Dopico e que conta coa revisión e autorización por parte do RC Deportivo.

Finalmente, todos viviron con ilusión a sorpresa da aparición dos tres futbolistas branquiazuis, que contestaron a todas as preguntas dos pequenos, asináronlles postais dedicadas e mesmo camisetas, pois moitos deles acudiron ataviados con diferentes pezas deportivistas. A xornada finalizou coa habitual foto de familia a pé de campo.

A experiencia branquiazul destes rapaces terá continuidade no partido ligueiro do Dépor en ABANCA-RIAZOR fronte ao CF Rayo Majadahonda, correspondente á 33ª xornada de LaLiga 1|2|3, o sábado 6 de abril ás 16:00 horas. O Club regala unha entrada dobre a cada un deles. Ademais, tamén disporán de entradas para acudir aos partidos Deportivo ABANCA-Oviedo Moderno e Fabril-Atlético de Madrid B, na Cidade Deportiva de Abegondo.