RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo gozou dunha dobre xornada de 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis'

Centenar e medio de alumnos de 6º de Primaria do CEIP Ponte dos Brozos de Arteixo puideron gozar na mañá de onte mércores e hoxe xoves dunha xornada dobre de 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis', que tivo como escenario o Estadio ABANCA-RIAZOR. Ademais, os rapaces tiveron o privilexio de compartir parte da mañá con Malena e Nuria, futbolistas do Dépor ABANCA.

Os alumnos, divididos en dous grupos de 75 para cada un dos días, gozaron dunha visita guiada polas dependencias interiores de ABANCA-RIAZOR. Posteriormente, recibiron unha charla acerca da historia do Dépor a cargo do xornalista de La Opinión de A Coruña Carlos Miranda, autor do libro '110 % Blanquiazul', apoiado no arquivo recompilado polo exconsejero Pachy Dopico e que conta coa revisión e autorización por parte do RC Deportivo.

Finalmente, chegou a sorpresa, coa aparición de Malena e Nuria, que contestaron a todas as preguntas dos pequenos e asináronlles postais dedicadas e mesmo as camisetas branquiazuis aos alumnos que acudiron ataviados con elas. A xornada finalizou coa foto de familia a pé de campo.

A experiencia branquiazul destes mozos concluirá no partido ligueiro do Dépor en ABANCA-RIAZOR fronte ao Nàstic de Tarragona, o sábado 16 de febreiro ás 16:00 horas. O Club regala unha entrada dobre a cada un deles.