RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O CEIP Portofaro visitou ABANCA-RIAZOR con motivo dunha nova xornada de 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis'

Ao redor de 50 nenas e nenos de 6º de Primaria do CEIP Portofaro de Cambre gozaron na mañá de hoxe mércores dunha nova xornada de 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis', que tivo como escenario o Estadio ABANCA-RIAZOR. Os estudantes compartiron parte da mañá con Iris Arnáiz e Alba Merino, xogadoras do Dépor ABANCA.

Antes de atoparse coas futbolistas, os alumnos puideron gozar dunha visita guiada polas entrañas de ABANCA-RIAZOR. Posteriormente, recibiron unha charla acerca da historia do Dépor a cargo do xornalista de La Opinión de A Coruña Carlos Miranda, autor do libro '110 % Branquiazul', apoiado no arquivo recompilado polo ex conselleiro Pachy Dopico e que conta coa revisión e autorización por parte do RC Deportivo. A xornada acabou coa firma de postais de Iris e Alba e coa foto de familia sobre o céspede de ABANCA-RIAZOR.

A experiencia branquiazul destes mozos concluirá no partido ligueiros do Dépor en ABANCA-RIAZOR fronte ao Nàstic de Tarragona, o sábado 16 de febreiro ás 16:00 horas.