RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O céspede de Abanca-Riazor, en recuperación aproveitando o único parón da temporada

Nunha temporada na que a competición para o Deportivo tan só para a última fin de semana do ano e despois de 11 usos en 45 días cunha pluviometría acumulada no mesmo período de 470l/m2, o céspede do Estadio ABANCA-RIAZOR está a ser sometido a un proceso de recuperación.

Os traballos que se están levando a cabo por parte de Royalverd, empresa encargada do mantemento do céspede, para conseguir este propósito consisten en:

- Resembra con 300kg de Lollium perenne
- Aplicación de 30Tn de area sílice 0/2mm
- Aireación do chan con petiscos de 12mm e 12cm de profundidade para mellorar a infiltración da auga.
- Achega de 300kg de fertilizante granulado NPK+micros
- Aplicación de 300kg de produto biolóxico mellorador do chan
- Aplicación foliar para endurecer a planta
- Cobertura do céspede mediante manta térmica
- Uso de luminoterapia