RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSAFORZA

O Club custeará parte das entradas para o CD Lugo-Dépor, que terán un prezo único de 20 euros

O RC Deportivo pagará parte das 2.000 entradas que o CD Lugo pon a disposición do deportivismo para o encontro da 2ª xornada do grupo 1 de Primera Federación que se disputará no estadio Anxo Carro o sábado 2 de setembro ás 21:30 horas.

O CD Lugo puxo a disposición do Deportivismo entradas a dous prezos: 25 e 20 euros. Por iso, o Consello de Administración do RC Deportivo decidiu que o Club custee eses 5 euros de diferenza para que todos os afeccionados que acudan ao partido no Anxo Carro paguen o mesmo.

A Federación de Peñas do RC Deportivo tamén xestionará pola súa conta e para os seus membros a cota do total de entradas correspondente por convenio entre ambas as entidades.

Proximamente comunicaranse as datas de venda e o sistema de adquisición das entradas para este encontro.