RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Club homenaxeou esta noite na Praia Club aos seus novos Socios de Ouro

DEPORSport Nun ambiente cargado de emoción, e rodeados dos seus seres queridos, trece novos Socios de Ouro foron homenaxeados esta noite na Praia Club polo Deportivo, que lles otorgó o seu máxima distinción, a insignia de ou

Un a un, excepto o matrimonio formado por Mª da Carmen Díaz Torrente e Manuel Crespo Corbeira, que saíron xuntos ao estrado, foron recibindo de mans do Presidente Lendoiro a insignia de ouro e o diploma acreditativo. Estes 13 socios teñen dereito xa a asistir gratuitamente a todos os partidos do Deportivo en Riazor para o resto das súas vidas. O acto concluíu cunha foto de familia con todos eles acompañados polo máximo dirixente deportivista.
 
No discurso de agradecemento, Lendoiro fixo un repaso á tempada 1960-61, data de alta destes novos Socios de Ouro. O Presidente do Club era hai 50 anos Jesús Cebrián Brizuela. No persoal figuraban nomes ilustres como Amancio ou Veloso. Por aquela época, o Dépor comezou a gañar con suor o seu alcume de equipo 'ascensor'. Na súa breve comparecencia ante os medios informativos que cubriron o acto, Lendoiro desvelou que esa mesma tempada (60-61) "fichei polo Deportivo xuvenil, que adestraba Rodrígo García Vizoso. 50 anos despois, o que é a vida, estou á fronte da entidade".
 
A noite finalizou cunha cea en honra aos homenaxeados, que este ano foron:

ALBERTO LÓPEZ PAN
ANTONIO BOUZA PAZOS
ANTONIO FREIRE LAGO
EDUARDO PARDO CILLERO
EUGENIO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ
FRANCISCO NEVES PARDEIRO
IGNACIO GRUEIRO PAZ
JOSÉ BENITO GUILLÁN LAGO
MANUEL CORDEIRO ALONSO
MANUEL CRESPO CORBEIRA
MANUEL FIGUEROA FIGUEROA
Mª DA CARMEN DÍAZ TORRENTE
RAFAEL GARCÍA MONCHO