
O Club rememora o XX aniversario dunha Copa que cambiou a historia do DÉPOR e do fútbol español
Un 27 de xuño, pero de 1995, é dicir, fai hoxe xusto 20 añvos, o Real Club Deportivo hacía entrar ao fútbol galego na historia, ao conquistar no Estadio Santiago Bernabéou de Madrid ante a Valencia CF a Copa do Rei, o primeiro
Por todo iso, o Club quixo reunir neste vixésimo aniversario aos protagonistas desa xesta, a primeira doutras moitas que balizan a etapa dourada do Deportivo
Directivos (Luís Sánchez Doporto, Pepe Guillín e Pati Branco), técnicos (Arsenio Igrexas e Carlos Ballesta), auxiliares (o delegado Juan Anxo Barros, o médico César Cobián, o utillero Suso Méndez e o xefe de seguridade do Club, Juan Lagarda) e futbolistas (Donato, o capitán José Ramón, Elduayen e o goleador Javi Manjarín) que puideron acudir á chamada do Club brindaron onte venres na Deportienda polo primeiro título que chegou ás vitrinas branquiazuis e que abriu unha etapa dourada no Deportivo.
Todos eles recibiron unha camiseta, réplica da camiseta oficial do equipo desa tempada, pertencente a unha serie limitada, que xa está á venda na Deportienda de Riazor, e que provocou grandes colas de afeccionados
durante todo o día nos dous establecementos branquiazuis.
O Conselleiro do Club Daniel Ramos (que estivo acompañado polo tamén Conselleiro Enrique Calvete), explicou a intención do acto, co que o Club buscou o "reencontro de amigos e compañeiros que viviron unha historia común, a de todos os deportivistas, que hoxe lembraremos brindando. E para presentar a peza de coleccionista coa que o Real Club Deportivo quere lembrar esta efeméride: 1995 camisetas en edición limitada e numerada do equipamento coa que gañamos a Copa.E cremos que se alguén se merece ter a primeira destas camisetas, o número uno, co dorsal número uno nas mangas e nas costas, é don Arsenio Igrexas Pardo, como sabedes, adestrador, mito e referencia do noso Club".
Arsenio Igrexas lembrou aquel 27 de xuño de 1995 como "un día de festa". "Precisa moita axuda este Deportivo e eu convido a que todos poñan do seu parte o necesario e o imprescindible para que este Club funcione", apuntou un dos mitos do deportivismo.
A camiseta conmemorativa número 2 foi para José Montes, Presidente de Feiraco, patrocinador do Deportivo en catro do seis títulos oficiais do Club: "É un momento memorable para Feiraco este reencontro. É un reencontro de amigos, porque hai vellas caras coñecidas, artífices daquela apoteósica noite". Afirma que esa noite veu precedida "dun traballo anterior dun equipo líder".
Pati Branco, en representación da Xunta Directiva á fronte do Club nesa Copa do Rei, quixo "agradecer en nome dos meus compañeiros, tamén dos que non están, empezando polo noso ex Presidente Augusto César Lendoiro, Pachi Dopico, Roberto Veira, Lolo Montiel, algúns que nos deixaron e que se deixaron a vida aí, e os que estamos aquí presentes, agradecervos o detalle porque isto é o que fai Club, o que fai familia, e sobre esta base construír os nosos éxitos".
Carlos Ballesta, segundo adestrador de Arsenio Igrexas, ex xogador e agora integrante do corpo técnico da canteira, manifestou no seu pequeno discurso que "foi unha felicidade para todos".
En representación daquel persoal, o capitán José Ramón González, subliñou que "para min foi unha honra participar na historia deste equipo. Sinto orgulloso non de coller a Copa, senón en participar no día a día, en cada adestramento dese equipo, deses adestradores, deses compañeiros".
Donato, que gañou o seis títulos oficiais do Club, lembrou vivir "un momento de gran felicidade. Eu creo que nunca se vai a esquecer".
Agustín Elduayen resaltou a "unidade que había no vestiario, a amizade entre todos e o bo trato que sempre se nos deu na Coruña aos que somos de fóra".
Finalmente, Javier Manjarín, autor do primeiro gol desa final de 1995, confesou que "para min foi algo inesquecible. Foi esta final o meu momento deportivo máis importante".
Final histórica de tres días de duración
O DÉPOR foi o protagonista dunha final histórica e irrepetible da Copa do Rei. O encontro 'durou' tres días, do 24 de xuño ao 27 de xuño. O sábado 24, con miles de deportivistas nas bancadas, unha impresionante tromba de auga que caeu sobre Madrid obrigou a García Aranda, colexiado do encontro, a parar o partido a falta de 11 minutos para o final. O marcador reflectía un empate (1-1) no marcador. Javi Manjarín adiantou ao DÉPOR no minuto 35 e Pedja Mijatovic empatou para a Valencia no minuto 70, 9 minutos antes da suspensión, e co céspede xa moi encharcado.
O DÉPOR formou con: Liaño, Voro, Nando, Ribeira, Djukic, Donato, López Rekarte, Aldana, Manjarín, Fran e Bebeto. O banco de suplentes estaba ocupado por Canles, Villarroya, Alfredo, José Ramón e Xullo Salinas. O único cambio foi Alfredo, que substituíu a Aldana.
Tres días despois, o martes 27 de xuño ás 20.30, no mesmo escenario e de novo con miles de deportivistas nas bancadas tras percorrer miles de quilómetros de ida e volta de Galicia en tres días, renovouse o encontro. Alfredo Santaelena, que se adiantou de cabeza a unha saída de Zubizarreta, marcou o 2-1 definitivo que converteu A Coruña, Galicia, España e o mundo enteiro nunha auténtica festa deportivista.
O DÉPOR formou na continuación con: Liaño, Voro, Nando, Ribeira, Djukic, Donato, López Rekarte, Alfredo, Manjarín, Fran e Bebeto. Os suplentes foron: Canles, Villarroya, José Ramón, Claudio e Xullo Salinas. Arsenio Igrexas introduciu un único cambio: Claudio relevou a Manjarín.
Formaban parte ademais daquel histórico persoal: Elduayen, Kostadinov, Mauro Silva, Paco Jémez, Pedro Riesco e Viqueira.



