O Dépor ABANCA afronta con 18 futbolistas a ida de semifinais da Copa, mañá en Santiago
O Deportivo ABANCA cítase mañá mércores 6 de decembro, día festivo, co Victoria FC de Santiago no partido de ida de semifinais da Copa de Segunda División Nacional. O choque será no Campo Municipal do Sergas, partir das 16:00 horas.
Manu Sánchez, técnico deportivista, citou a estas 18 xogadoras: Anita, Malena, Raquel, Estefi, Miga, Peke, Mérida, Oreiro, Jone, Cris, Iris, Miriam, Teresa, María Corral, Sara, Nuria, Patri e Kika.
O partido de volta, en Arteixo, será o vindeiro 21 de xaneiro de 2018.
Na Primeira Fase desta competición, baixo o formato de liguiña a unha soa volta, o Deportivo ABANCA foi primeiro do grupo norte con estes resultados:
Deportivo ABANCA 7 (Peke -4-, Gaby -2- e Estefi) - Peluquería Mixta Friol 0 Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 5 (Estefi -2-, Peke -2- e Sara)