RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

O Dépor ABANCA B disputa mañá mércores un amigable en Dumbría ante unha Selección da Costa

O Dépor ABANCA B disputará mañá mércores 4 de xaneiro un amigable no campo do Conco en Dumbría a partir das 17:00 horas. O rival de As Nosas será unha Selección da Costa.

Será o primeiro compromiso do filial branquiazul neste 2023, xa que a liga en Primeira Nacional retomaraa este sábado 7 ás 16:30 no campo da Bouza en Ribadumia coa súa visita ao Umia CF.

O Dépor ABANCA B é líder da categoría con 37 puntos, 5 puntos máis que o seu inmediato perseguidor, o Sporting de Gijón.