RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

O Dépor ABANCA B mídese mañá martes en Abegondo a unha selección galega sub-17 chea de canteirás branquiazuis

O Deportivo ABANCA B mídese mañá martes 24 de xaneiro nun amigable á selección galega sub-17. O choque xogarase en Abegondo a partir das 18:45 horas.

Kevin Cabado citou para este encontro tamén a Abril Pazos e Yaiza García, cadetes do Orzán SD; e a Iria Otero, Antía Brage, Ivana Fernández e Noe Gómez, xuvenís do Orzán SD.

Pola súa banda, na selección galega sub-17 estarán a canteirás Laura Otero, do Dépor ABANCA B; Uxía López, Martina Rivas e Uxía Rabuñal, todas elas xuvenís do Orzán SD; e a Lucía Rivas, Elena Vázquez, Sara Cercido, Laura Santos e Maca González, cadetes do Orzán SD.

O Dépor ABANCA B é o actual líder da Primeira Nacional con 46 puntos; 7 puntos máis que o Sporting de Gijón, 2º con 39 puntos; e 13 máis que Real Avilés CF e Real Oviedo B, 3º e 4º respectivamente con 33 puntos.

O vindeiro domingo, o filial deportivista visita ao CD Oceja, en partido correspondente á 17ª xornada.