RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

O Dépor ABANCA B reencóntrase co triunfo grazas a un gol de Karla Bermejo

O Dépor ABANCA B venceu por 1-0 ao Real Racing Club no Dépor Training Center en partido correspondente á 17ª xornada en Segunda Federación.

Karla Bermejo (na foto da noticia), que se estreaba como titular após chegar cedida polo Racing Power da Primera División portuguesa, decidiu o choque cun gol no minuto 80.

Tamén formou de inicio Antía Veiga, que esta semana participará nuns adestramentos coa selección española sub-17, e Paula Novo, en dinámica do primeiro equipo como Carmen ou Michi Apóstol, tamén titulares.

Con este resultado, o filial deportivista suma 18 puntos e sitúase na 9ª posición da táboa en Segunda Federación.

Deportivo ABANCA B: Antía Veiga, Sara Barreda, Noe Mayo, Paula Novo (Emma Gandoy, min. 46), Michi Apóstol, Carmen, Sonso (Laura Otero, min. 73), Valbuena, Karla Bermejo (Sara Cercido, min. 89), Laura Ruiz e Jenny Corros (Lucía Mariño, min. 89)

O vindeiro domingo 15 de febreiro ás 16:00 o Dépor ABANCA B visita ao Madrid CFF no Estadio Antiguo Canódromo.

Os resultados até a data do Dépor ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Sara Cercido -2-) - Madrid CFF B 1
Bizkerre Club 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 4 (Carmen, Laura Otero, Michi Apóstol e Laura Ruiz) - Atlético de Madrid C 1
Real Avilés Industrial 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Michi Apóstol)
Deportivo ABANCA B 1 (Redru) - Real Sociedad B 2
RC Celta 1 - Deportivo ABANCA B 0
Real Racing Club 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 0 - SD Eibar B 4
Sporting de Gijón 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Laura Ruiz -2-)
Deportivo ABANCA B 1 (Laura Ruiz) - Athletic Club B 2
Deportivo ABANCA B 0 - Olímpico de León 3
Atlético Villalonga FF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 0 - Burgos CF 1
Atlético de Madrid C 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 1 (Jenny Corros) - Bizkerre Club 6
Real Sociedad B 5 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 1 - Real Racing Club 0